Arquivo por etiquetas: Metrópoles delirantes

Metrópoles Delirantes 11 – Clara Soriano

Con Octavio Beares falamos da exposición de orixinais de bd que está a organizar no museo de Pontevedra. O Sr B fai imprescindible ó francés Manu Larcenet e os seus “Los combates cotidianos” pura poesía en cadriños. E tivemos unha boa conversa con Clara Soriano, recente premio á autora revelación no Saló de Barcelona polo seu “Colmado Sánchez”. Coma sempre non faltan as novas da bd a todo filispín, as novidades editoriais, nin un dos ingredientes principais, a boa música.

Advertisements

Metrópoles Delirantes 10 – Manel Cráneo

Comezamos coas novas a todo filispín, logo falamos con Manel Cráneo, un autor polifacético que debuxa, edita, guioniza, anima e ata interpreta música. O Sr B mete na listaxe de imprescindibles o “Trazo de xiz” de Miguelanxo Prado. Entrevistamos a Manuel Gago e falamos de “Vento e chuvia”, a obra na que repite colaboración con Manel Cráneo, e tamén das peculiaridades deste libro que entra de cheo no “transmedia”. Lembramos a serie de animación de Sherlock Holmes na que a man do mestre Miyazaki está moi presente, e rematamos coas novidades editoriais, coma sempre, con boa música e moita risada.

Metrópoles Delirantes 8 – José Domingo

novedades8

Novidades das que falamos

Entrevistamos a Manuel Bragado, Director da editorial Xerais e tamén a José Domingo flamante nominado ós Eisner, o Sr B viaxa polo Portugal de Cyril Pedrosa e coas novidades poñemos fin a este programa musical e sentimentalmente adicado a Portugal.

Metrópoles Delirantes 7 – Antonio Seijas

Comezamos coas novas da BD a todo filispín, falamos con Antonio Seijas do seu libro “La Luz”, o Sr B anota na lista de imprescindibles “Los maestros cerveceros” de Van Hamme e Vallés. Kiko Da Silva fala das moitas cousas nas que anda e tamén da que será a súa primeira novela gráfica longa. No final, as novidades e a polémica. Un programa moi yeyé.

Metrópoles Delirantes 6 – Emma Ríos

Conversa moi interesante con Emma Ríos, a artista galega que está conquistando os USA con Pretty Deadly, o Sr B cóntanos porqué é imprescindible “Akira” de Katsuhiro Otomo. Con Carlos Portela falamos de “A conta atrás 2” e o crowfunding que xa está en marcha para poder editalo, as novidades editoriais e para rematar preguntas como: Is there life on Mars?.

Metrópoles Delirantes 5 – Miguel Cuba

Entrevistamos a Miguel Cuba, autor do memorable “Punto de Fuga”, o imprescindible deste programa é Hellboy, falamos con Paco Hernández de Magnificent 7+1, e para rematar as novidades editoriais, todo con boa música.

2014-03-14 18.48.03

Libros comentados

Metrópoles Delirantes 4 – David Rubín

MD4- David Rubín-Metrópoles Delirantes

Unha agradable parola con David Rubín, o imprescindible seleccionado polo nos invitado é Daredevil Born Again, Alberto Guitián cóntanos do obradoiro de novela gráfica que vai impartir na Coruña, e rematamos coas novidades editoriais.