Arquivo por etiquetas: Maruja Mallo

A Arte no Cómic – Exposición

A arte no comic- metropoles-delirantesAté o 15 de abril pódese visitar na Sede Afundación de Santiago de Compostela «A Arte no Cómic», unha mostra de Fundación Telefónica, comisariada por Asier Mensuro que recolle reinterpretacións dalgunhas das obras máis emblemáticas da historia da arte a través dos cómics de 73 ilustradores e autores de prestixio.

A exposición estrutúrase en tres grandes ámbitos: o primeiro deles recolle a relación entre os grandes centros de arte e o cómic a través de obras da colección do Louvre ou do Museo de Orsay xunto á editorial Futuropolis, mostrando o traballo de autores tan recoñecidos como Catherine Meurisse, Manuele Fior, Enki Bilal ou David Prudhomme, así como a obra de Edmond Baudoin sobre Dalí, editada polo Centro Nacional de Arte e Cultura Georges Pompidou. Tamén se inclúen iniciativas dos centros de arte españois, coma os cómics de Miguel Ángel Martin, Álvaro Ortiz, David Sánchez e Santiago García, editados polo Museo Thyssen-Bornemisza e a editorial Astiberri. Seguir lendo

Advertisements