- Título: Becky Riot.
- Autor: Mariano Pardo.
- Editorial: Astiberri.
- Lugar: Bilbao.
- Ano de edición: 2022.
- Número de páxinas: 200.
- Prezo: 25€.
Becky contra todo o puto mundo

Esta BD conta a vida dunha adolescente, Becky, que está vivindo esta etapa vital dun xeito especialmente complicado. Becky non é a rapaza con máis éxito no instituto, os seus pais están divorciados e ela transita cada día por unha montaña rusa emocional.
Está obra de Mariano Pardo é un interesante documento gráfico e narrativo sobre esa etapa de transición da vida infantil á adulta. Por veces realista e por veces psicodélico mais, en todo caso, conservando esa capacidade das ficcións ben construídas de veracidade.
Becky é unha pésima estudante que non aproba ningunha e á que o resto do alumnado ignora e mesmo rexeita. Acoso entre iguais e desprezo dun sistema deseñado para estandarizar que rexeita as personalidades distintas. Becky Riot sinala moi ben os problemas dun sistema de merda.
Un guión episódico, vese a influencia do estoupido das series, sobre todo dos Simpson, e que non escatima en mala hostia, humor negro, crítica social e unha pingas de punk. Din os materias promocionais da editora que ten influencias de «Todd Solondz, de Daniel Clowes e de Simon Hanselmann». E si, tenas.
Seguir lendo