Arquivo por etiquetas: Manga

Ti, o manga e o anime, e Xapón

José Andrés, un bo amigo e colaborador das Metrópoles está na Universidade de Kyoto traballando e envíanos esta enquisa sobre o manga e o anime. Animádevos a participar neste estudo universitario.

https://www.soscisurvey.de/Manga/

A enquisa «Ti, o manga e o anime, e Xapón» forma parte dun Proxecto de Investigación Sociolóxico Internacional sobre cómic e animación xaponesa e os seus afeccionados. Un equipo de investigadores, baixo o nome de “Manga Network”, leva traballando dende o ano 2006 nun proxecto de análise comparativa acerca da imaxe e nocións que se teñen sobre Xapón, tanto entre afeccionados como non afeccionados do manganime en diferentes países. O obxectivo de esta investigación é comparar as experiencias e a especificidade do público de diferentes países sobre o manga e o anime, así como os seus coñecementos e opinións sobre Xapón. A enquisa está dirixida tanto a afeccionados coma a non afeccionados do manga e o anime en España, sen límite de idade. Xa se realizou con éxito noutros catro países europeos (Alemaña, Italia, Suíza e Francia) dando resultados sorprendentes.

O Investigador Principal deste proxecto é o Dr. Marco Pellitteri, un sociólogo italiano que actualmente desenvolve a súa actividade na Universidade de Kobe (Xapón). Este estudo conta co el apoio económico da JSPS (Japanese society for the promotion of science [Sociedade Xaponesa para a Promoción Científica]). O Dr. Pellitteri é autor de varias monografías sobre manga e anime en Europa, así coma de numerosos ensaios e artigos no ámbito da socioloxía. Para a posta en marcha en España conta coa colaboración de José Andrés Santiago, investigador da Universidade de Vigo, investigador pos doutoral invitado na Facultade de Manga da Universidade Kyoto Seika (Japón) e membro da ACDCómic (Asociación de Críticos y Divulgadores de Cómic de España).

La enquisa estará a dispor a partires do 15 de Outubro. Calquera que o desexe pode respostar á enquisa nesta ligazón: https://www.soscisurvey.de/Manga/

¡Animádevos a participar!

Advertisements

Unha viaxe ao Período Edo a través do manga

Hai certas culturas que sempre exerceron unha poderosa fascinación sobre a mentalidade occidental, xa sexa por seren totalmente contrarias á propia, pola súa filosofía ou polo engado das súas expresións artísticas. Xapón é o mellor expoñente desa atracción e todo o que chega dese lugar ó outro lado do mundo ten a forza do descoñecido.

O manga, unha das súas exportacións culturais máis fortes, converteuse co tempo nunha boa ferramenta para achegarse ao seu pasado, destacando a multitude de obras situadas na época Edo (1603-1868). Durante eses anos o shogunato Tokugawa pasou por diversas etapas —do esplendor inicial á crise que levaría á Era Meiji— e o cómic foi recollendo dende os seus inicios personaxes, paisaxes e costumes que forman parte do noso imaxinario sobre o país nipón.

O camiño do samurai

Se hai unha imaxe na que pensamos cando se nos fala do período Edo é a figura do samurai e  a estrita xerarquía social da que formaban parte. Boa parte do xénero de espada (coñecido como chanbara no ámbito do cine) está situado nesta etapa histórica, ofrecéndonos dende biografías de guerreiros famosos ata historias intimistas ou de carácter fantástico.

Gatsuma Gishiden: El honor del samurai, é unha lectura básica para achegarse á figura dos samuraicoñecidos guerreiros dun xeito máis realista, afastándose da visión romántica do bushido. En tempos de paz a súa adaptación á vida civil é difícil e destaca o último volume, onde se amosan acontecementos como as obras para controlar as inundacións en 1754 e as duras condicións de vida tanto dos samurai coma dos campesiños.

Pero a referencia por excelencia é El Lobo Solitario y su cachorro, na que podemos seguir o épico percorrido dun home para vingar á súa familia. As loitas internas dentro dos clans para achegarse ao poder xogan un papel fundamental, tamén a corrupción dentro do sistema, que se mestura coa vida das xentes de aldea, bordeis e asasinos, desvelando as raizames podrecidas que levarían ao derrubamento do shogunato no século XIX. Seguir lendo

Gus Van Sant vai dirixir Death Note

Death note-Metrópoles DelirantesSegún a web The Tracking Board, a adaptación que están a facer os estadounidenses do manga ‘Death Note’ ten novo director, Gus Van Sant. O cineasta de Kentucky gañou a Palma de Ouro por ‘Elephant’ (2003) e perpetrou o deleznable remake da película de Hitchcock, ‘Psicosis’ (‘Psycho’, 1998), o proxecto ía ser dirixido por Shane Black pero deixouno para centrarse noutros proxectos.

A obra de Tsugumi Ōba e Takeshi Obata, xa levada al cinema no 2006 polo xaponés Shūsuke Kaneko.

death-note-3-Metrópoles Delirantes

O argumento de ‘Death Note’ xira o redor dun caderno máxico que permite asesinar a cualquera simplemente escribindo o su nome nel. Cando o atopa un estudante comenza a usalo para mellorar o mundo eliminando criminais, pero todo se complica cando entra en escea un misterioso detective.

A  estrea está prevista (parece que con moito optimismo) para o 2015.

Wet Moon de Atsushi Kaneko – Premio Asia da ACBD

wet-moon-manga-volume-3-simple-76741

Os membros da ACBD (Asociación dos Criticos e xornalistas de Banda Deseñada de Francia) concederonlle  o “Premio Asia da Critica ACBD 2014” a Wet Moon de Atsushi Kaneko.

Influenciado polo underground americano, os fanzines e as capas de discos punk, Atsushi Kaneko creou un estilo gráfico propio, a miúdo comparado con xente da talla de Charles Burns ou Paul Pope: unha sorte de liña clara reforzada con grandes masas de cores escuras que lle dan un aspecto casi surrealista.

Wet Moon presenta ó Inspector Sata nunha cidade asediada pola corrupción, a finais de 1960, e que despois dun misterioso accidente esqueceu todo.  Sata leva no cranio unha peza de metal que fai que teña alucinacións e amnesia. Como dirixir unha investigación baixo estas condicións?

Que nos saibamos, non está aínda editado en España.

wet-moon-docteur-b-Metrópoles Delirantes