Arquivo por etiquetas: Mafalda

Metrópoles Delirantes 50 – Octavio Beares

Nieves Rodríguez-radio-Metrópoles Delirantes

Nieves Rodríguez. Foto: Marcus Fernández

Chegamos ás cincuenta emisións, grazas a todos os que nos acompañades dende hai dous anos por esta viaxe pola BD.

Volve ás metrópoles Octavio Beares, divulgador e crítico da bede, que é o comisario da exposición “De Castelao ao mañá, unha ollada ao cómic galego”, e cóntanos que poderemos ver nesta exposición que remata de inaugurar no Porriño, pero que percorrera parte do país. O Sr B retrocede no tempo ata á Arxentina de Mafalda, a nena filósofa de Quino, un personaxe que non perdeu actualidade a pesares de ter máis de 50 anos. Tamén veu ata as Metrópoles,  Inés Casarejos, autora de fanzines tan extraordinarios coma o videoclub e tienda de fotos, con ela daremos un paseo polos mares do fanzineando. Rematamos programa coa sección de novidades á que volta a o máis mutante dos libreiros galegos, Xaime Lis dende a a libraría Komic de Compostela.

Ines Casarejos:

As músicas que nos acompañan nesta emisión son:

  • Oasis – Roll with it.
  • George Gerswin – Rhapsody In Blue.
  • Leon Bridges – Coming Home.
  • The Beatles – Come Together.
  • Bambino – No me des guerra.
Advertisements

Mafalda

Mafalda1-Metrópoles DelirantesA pesares dos cincuenta anos que xa ten, Mafalda, non perdeu nada de frescura, e probablemente, é xunto con Calvin e Hobbes o punto da intersección onde se cruzan o humor e a filosofía.

Quino (Joaquín Salvador Lavado), o seu autor, utiliza os ollos desta nena, para retratar a sociedade arxentina de mediados dos sesenta e setenta, a crise mundial do petróleo, os conflitos armados ou os problemas sociais.

Mafalda é unha nena que ama a música dos beatles e odia a sopa, permanentemente preocupada pola humanidade e con moita afección polas reflexións profundas cargadas de ironía. Nas tiras de Mafalda aparecían habitualmente nove personaxes, os pais, o irmán pequeno e os amigos, todo ten un porqué e cada un dos personaxes pódese identificar cun estereotipo, dende o materialismo de Manolito ata o carácter soñador de Miguelito ou o alegórico tamaño de Liberdade.

Mafalda2-Metrópoles Delirantes

Mafalda fai preguntas incómodas sobre a sociedade a política do mundo que os adultos non saben respostar. É unha convencida defensora do progreso social da muller. Este aniversario é unha escusa perfecta para ler esta obra imprescindible ou voltar a ela porque en cada nova lectura sempre hai una nova reflexión que descubrir.

Quino, fillo de exiliados republicanos españois, foi recoñecido neste 2014 co Premio Príncipe de Asturias de Comunicación y Humanidades, converténdose no primeiro debuxante galardoado.
Este año tamén foi distinguido coa Lexión de Honra francesa, en recoñecemento á universalidade das súas mensaxes.

O humorista arxentino, coa súa característica lucidez, agradece os premios, pero admite que chegan “cando un xa está cansado” e non cando se é novo e supoñen un estímulo que pode marcar a diferenza para seguir adiante.