Arquivo por etiquetas: Luis Sendón

Catro fanzines en galego e un murciano

(∞ -1). Xulia Pisón.

XuliaPisonNeste fanzine recompílanse catro historias (incluída a Gañadora do Premio Xuventude Crea da Xunta de Galiza no 2015) nas que Xulia amosa o seu potencial creador. Cun estilo que cabalga entre o clasicismo europeo e o manga, Xulia é en opinión deste que asina, un dos máis firmes valores da Nova Banda Deseñada Galega.

Aquí falamos con ela deste fanzine.

Dorotea. Cristian F. Caruncho.

Dorotea-Cristian1Cristian é outra das realidades da Nova BDG aínda que é moi novo leva xa anos debuxando e autopublicando as súas historias. Un autor certamente interesante cun universo propio con fondas raíces na súa terra, Ortegal. A obra de Cristian bebe da realidade do rural galego en temáticas e personaxes cunha clara mensaxe a prol da vida no rural e do respecto á terra. Este Dorotea segue esas premisas para, nunha breve pero emotiva historia, achegarnos a realidade do rural do noso País cada vez máis esquecido e abandonado a súa sorte. Seguir lendo

Advertisements

Publicados Altar Mutante 7 e Amair

Altar mutante 7-metropoles-delirantesO fanzine de “horror putrefacto e ciencia ficción grasenta” publica o sétimo número e lanza a serie Amair.

Altar Mutante Comix é unha publicación que desde 2014 reúne historietas de fantasía e terror realizadas por un amplo elenco de creadores e creadoras internacionais. Esta publicación promovida desde A Coruña polo historietistas, ilustradores e deseñadores gráficos Álvaro López e Luis Sendón xa está asentada como unha das cabeceiras de referencia do xénero, optando o ano pasado ao premio ao mellor fanzine no Salón do Cómic de Barcelona.

Para este sétimo número Jagoba Lekuona deseñou  unha impactante portada que é o pano que abre unha serie de historias a cargo do plantel autoral estable de Altar Mutante, Kike Benlloch, Diego Blanco, Manel Cráneo, Debelius, Roberto Díez, Super C, Don Rogelio J., Álvaro López e Luis Sendón. A esta excelente nómina de autores súmanse nesta entrega novos valores de enorme proxección: Gaudino, Kike J. Diaz, Gairah Love, Dani Xove e o propio Jagoba.

A outra novidade do selo é Amair, unha colección de catro números na que Kike Benlloch como guionista e Luis Sendón no debuxo. En Amair, presentan un universo orixinal de fantasía, encadrado nunha vertente escura do xénero de espada e bruxería (Sword & Sorcery). Esta é a primeira banda deseñada en galego desta editorial coruñesa e acompañando este lanzamento podemos desfrutar dunha exposición de debuxos e deseños de producción que se poderá ver do 8 ao 31 de agosto no Bar 13 (rúa Orzán 13, A Coruña).

Begoña García-Alén e Altar Mutante optan aos premios do 36 Saló de Barcelona

Altar-BegonhaBegoña García-Alén e o fancine Altar Mutante son a representación galega nos premios do 36 Saló Internacional do Cómic de Barcelona, están nomeados nas categorias de autora revelación e mellor fanzine.

A pontevedresa foi nomeada polo seu traballo Nuevas estructuras, publicado por Apa Apa Cómics. Por outra banda o fanzine, dirixido por Álvaro López e Luis Sendón conta con colaboradores ben coñecidos na BD do país como Manel Cráneo, Xulia Pisón, ou Debelius, entre outro moitos, mais tamén con artistas internacionais coma Christian Giuseppe ou André Coelho. A publicación xa conta con seis números publicados.

Os premiados coñeceranse mañá, 13 de abril.

Ad mortem: Exposición e libro de Luis Sendón

EXPO_Luis_sendón-Metrópoles DelirantesNestes días a Coruña é un fervedoiro de actividades relacionadas coa BD e a ilustración e dentro destes actos esta o que mañán, Xoves 6 ás 20.00 terá lugar en La Maleta (A Coruña), Luis Sendón presenta “Ad Mortem”, un libro que recolle a meirande parte dos seus traballos como ilustrador para bandas e festivais de música dos últimos 14 anos e que sae editado por Exhumed Movies Zine e Altar Mutante Comix. Nel pódense atopar portadas para bandas de diferentes partes do mundo como Xapón, Estados Unidos, Francia ou Brasil, así como carteis para varios festivais como o Barroselas Metal Fest Portugués ou Obscene Extreme Fest Checo. Sumando un total de máis de 100 deseños en 112 páxinas a cor.

A presentación irá acompañada dunha exposición de orixinais a tinta que estarán á venda ata o día 31 de Agosto.

Concerto presentación de Altar Mutante nº2

cartelAM-Metrópoles DelirantesO segundo número de Altar Mutante está a punto de saír e desta volta queren montar unha boa xoldra para presentalo en sociedade. Así que si es un de eses ou desas que gozan dos tebeos “guarros” e a música insoportable (dino eles), o 21 de Marzo arrástrate ó I AKELARRE MUTANTE.

Dúas bandas vanse unir nesa noite para interpretar un concerto do melloriño. Nashgul ofrecerá un set Grindcore 4 anos despois de súa derradeira aparición na Coruña, tocando temas do seu vindeiro longa duración e repertorio máis antigo e Thee Heavy Random Tone Colour Lab ofrecerá un recital de clásicos do cinema de terror con toda a súa parafernalia de sintetizadores e electrónica en modo power trio.

Entrevistas no Viñetas – Altar Mutante

Falamos da nova revista de bd con Luis e Álvaro o artífices da idea, e con Sergio Covelo que participa neste primeiro número.

Altar Mutante, nova revista de bd galega

Altar mutante-Metrópoles Delirantes

Ponse en marcha o Altar Mutante, unha nova revista de banda deseñada, iniciativa de Álvaro López e Luis Sendón que son os editores e coordinadores da revista. Xa traballaron xuntos en diversos proxectos coma o albúm editado por Demo editorial “Sálpock: o val dos cegos” e compartiron equipo co resto de membros de polaqia durante anos.

A revista estará según os propios editores estará adicada a “o horror máis putrefacto e a ciencia ficción máis grasenta”  Será presentada co gallo do Viñetas desde o atlántico e terá 56 páxinas en branco e negro con capa a cor.

Os autores participantes neste primeiro número son:

Kike Benlloch, Bougie, Sergio CoveloManel CráneoÁlvaro LópezPutridDon RogelioRoque RomeroJosep F. RicoLuis Sendón César Valladares y Pedro Villarejo.

Actualización 12:20, xa hai portada:

PORTADA DOBLE AM-Metrópoles Delirantes