Arquivo por etiquetas: Luís Iglesia

Test Delirante – Luis Iglesia

Luis Iglesia-Metropoles delirantesLuís Iglesia é actor e músico, estivo vencellado a grupos de teatro amador ata comezar a súa carreira profesional coma actor e director de dobraxe, compaxinando estas actividades co teatro profesional en grupos como Teatro do Aquí ou Volta e Dálle, o cinema, a televisión e máis a locución. É unha das voces máis recoñecíbeis do audiovisual galego pois dobra ao galego a Harrison Ford, Robert De Niro, Paul Newman, Chuck Norris e Garfield, entre outros. Traballou en series e películas coma La fuga, de Telecinco, ou no  no filme galego Vilamor, dirixido por Ignacio Vilar. Foi protagonista de diferentes series da TVG coma Un mundo de historias, Terra de Miranda ou a mítica Matalobos, actualmente é o protagonista da serie Pazo de Familia.

1-Cal é o teu cómic preferido.

Por facerlle unha homenaxe aos primeiros que lín: El jabato. Seguir lendo

Advertisements