Arquivo por etiquetas: Liceo Mutante

Gropu, Gropu

Despois de tres anos de inactividade volven as Xornadas de Autoedición do Liceo Mutante, desta volta baixo o nome de GROPU GROPU.

A estrutura do evento é ben sinxela: mercado de fanzines, tebeos, láminas, camisolas…; un par de concertos xeitosos; rifa final con toques de humor e pode que algunha actividade sorpresa. Seguir lendo

Advertisements

GRIPO GRIPO – Xornadas de Edición Modesta no Liceo Mutante

gripo gripo logo - Metrópoles DelirantesO Liceo Mutante leva xa anos loitando e organizando eventos e multitude de actividades dende talleres a concertos, e cada ano unhas xornadas de autoedición que foron pioneiras e xérmolo de outras coma o Autobán ou No tengo mamá.

Os vindeiros 26 e 27 de xuño voltan as  fantabulosas Xornadas de Edición Modesta, esta vez baixo o nome de GRIPO GRIPO. Coma en anteriores ocasións será unha cita imperdible. E se queredes estar presentes como expositores tedes que seguir estas directrices:

Seguir lendo

Gropo Gropo, xornadas de autoedición do Liceo Mutante

O 20 e 21 de xuño celebrase unha nova edición das Xornadas de Autoedición do Liceo Mutante. Os elementos serán os habituais: fanzines, discos, cacharrada, sol, música, xardín, refrescos…

A entrada é de balde e din dende o liceo que: “está invitado absolutamente TODO QUISQUI a visitar os habituais postos de chilindradas gráficas e sonoras, a levitar nos concertos, a papar os mellores manxares caseiros, a tirarse no xardín a rascar a barriga…”


Estes son ós concertos:

Venres (21.00 h):

-LOS CABALLOS DE DÜSSELDORF: Internacionalmente famosos, históricos e insignes destrozadores de xoguetes, soldadores de cables, inventores de mecanismos, manipuladores de circuitos e fabricantes de doo rags ben simpáticos dos que obteñen sons que retorcen ben retorcidos para agasallar ó respetable co noise máis fresco e saudable. A formación que visitará o Gropo Gropo está composta por Mulasaña e Burro Ácrata.

https://www.facebook.com/LCDDband

Sábado (20.00 h):

-ABORIGEN: Un dos segredos mellor gardados do panorama musical galego e un dos nosos artistas favoritos. Estamos moi orgullosos de poder presentar a volta ós escenarios de Jose Biocom (ex-Handplant, ex-Mundo Grúa, ex-Abominable Futuro), músico tímido e brillante onde os haxa. O seu “Despejando de Madrid” é un clásico oculto que merece ser traído á luz polo ben da humanidade.

http://aborigenbiocom.bandcamp.com/

-YESE WESE: Debut en directo desta nova banda viguesa formada por Julián (Jay/Disco Las Palmeras/Palloza Assasina), Brais (Jay), Manuel (Jay) e Andrés (Fantasmage/Palloza Assasina). O seu camiño empeza no dub e non sabemos ata onde conduce, pero, coñecendo os seus currículums, estamos seguros de que a viaxe vai pagar a pena.

HORARIOS:

Venres 20: de 18.00 a 23.00 h.
Sábado 21: de 17.00 a 23.00 h.