Arquivo por etiquetas: Librería Komic

Metrópoles Delirantes 44 – Filipe Melo e Juan Cavia

Filipe Melo-Juan Cavia-Nieves Rodríguez-Metrópoles DelirantesViaxamos ata Porto para falarmos longo con Filipe Melo e Juan Cavia, os autores da excepcional “Dog Mendonça e Pizzaboy” e que están a piques de presentar “Vampiros” a súa nova bd da que nos adiantan algunhas cousas, e só podemos decir que ten unha pinta excelente. O Sr B anota nos imprescindibles “La Bicicleta Roja” un cómic coreano que é pura poesía, unha delicatessen no literario e no artístico. Con Xaime de Komic, coñecemos ás novidades destacadas. Todo cociñado amodiño, co agarimo que sempre poñemos e con música magnífica para gozar da bd.

http://www.ivoox.com/player_ej_9732474_2_1.html?data=mpyglJmbeI6ZmKiakpaJd6Kkkoqgo5iVcYarpJKfj4qbh46kjoqkpZKUcYarpJK6x9nWaaSnhqeg0tTQqdSfpcrZy9fFstXZ1JChlpKJe6Shrsrh1Iqnd4a2lNXczsrXb6XZzc7fw9PYqdShhpywj5U%3D&

As músicas desta emisión son:Os Vampiros-Metrópoles Delirantes

  • The Doors – Break on through (To the Other Side).
  • Brad Meldhau – I do.
  • Peixe Avião – A espera é un arame.
  • Air – Le Voyage de Penelope.
  • Zeca Afonso – Os vampiros.
Advertisements

Metrópoles Delirantes 43 – Álvaro Ortiz

Álvaro Ortiz-Metrópoles Delirantes

Foto: Banda deseñada, Vigo.

Embarcamos de novo conosco, na dorna das metrópoles, a un autor que devocionamos moito e que está no noso pórtico da gloria con outros santiños da bd, Álvaro Ortiz, co que falamos do seu último libro, Rituales (Astiberri), e de moitas cousas máis. Nos imprescindibles o Sr B volve a súa adorada bd francobelga para facer imprescindible un libro que mestura política e bd, humor e ironía e no que non sabemos ben que parte é real e cal ficción, Quay d´Orsay. E no final desta viaxe pola bd remataremos coas novidades que trae Xaime dende a libraría Komic en Compostela.

http://www.ivoox.com/player_ej_9544324_2_1.html?data=mpqhlpiWeI6ZmKiakpaJd6KkkYqgo5iacYarpJKfj4qbh46kjoqkpZKUcYarpJK6x9nWaaSnhqeg0tTQqdSfpcrZy9fFstXZ1JChlZKJe6Shrsrh1Iqnd4a2lNXczsrXb6XZzc7fw9PYqdShhpywj5U%3D&

A música deste programa é:Rituales-Metrópoles Delirantes

  • Tom Zé & Valdez – Jimmy, Renda-se.
  • Mogwai – Remurdered.
  • Beach House – All Your Yeahs.
  • Emmanuelle Seigner – Dingue.
  • Matia Bazar – Solo tu.

Presentación de “Atila”, cuarto tomo da biografía de Castelao, en Lalín

Presentacion_atila-Metrópoles DelirantesMañán luns 13 de xullo, ás 20:30 horas no Museo Ramón María Aller de Lalín será a presentación de Atila, o cuarto tomo da biografía gráfica de Castelao.

Será para nós unha presentación moi especial xa que, ademais dos seus autores, Inacio Vilariño e Iván Suárez, e dos editores, Manel Cráneo (Demo Editorial) e Pío Barreiro (Komic Librería), nós tamén estaremos participando, e acompañados por un nome mítico do cómic estadounidense dos últimos corenta anos, José Luís García López, que moi amablemente aceptou o convite de participar neste acto para apoiar un dos proxectos máis interesantes e singulares da viñeta galega.

O acto será introducido por Nieves Rodríguez, que despois realizará xunto con Inacio unha lectura dramatizada dunha das pasaxes da obra.

Aquí un artigo sobre Atila na web de Komic.

Presentación dramatizada de “Atila”

CARTEL ATILA KOMIC-Metrópoles DelirantesA bd, un mundo sempre inquedo e creativo está a converter as presentacións de libros en actos artísticos por si mesmos, despois da presentación de Destino Hërgüss con concerto de Pülpikk Viaskköm e da performance de Kiko da Silva a pasada semana en Vigo, desta volta Demo Editorial e a Libraría Komic convocan este acto co que presentaran o cuarto número desta serie biográfica de Castelao.

O venres 15 de maio, a partir das 19:15 horas, celebraremos  a presentación de «Atila», cuarta entrega da Colección Castelao. Para a ocasión preparamos un evento moi especial, en Manso Restauranteun espazo máis amplo cá librería e máis axeitado para a representación dramatizada dalgún dos capítulos de Atila que teñen preparada os autores na compaña da actriz Teresa Rodríguez e o músico José Luís Dopico.  Despois haberá a habitual sesión de firmas.

Convírtese nun feito habitual presentar esta novidade como unha maneira de celebrar o Día das Letras Galegas, porque, agás Titoán (2012), premiado pola Deputación da Coruña, tanto O pobre tolo (2012) como Máis alá! (2013) saíron da imprenta nestas datas.

No Metrópoles Delirantes 31 tedes unha longa entrevista con Inacio o guionista da obra.

 

Metrópoles Delirantes 29 – Tomás Guerrero

desercion_de_stalin-Metrópoles DelirantesDende a lonxana guerra fría, achegouse ata as Metrópoles Tomás Guerrero o autor de “A deserción de Stalin”, unha historia de espías con final incerto. O imprescindible do Sr B é un personaxe que Van Hamme e Rosinsky crearon hai case 40 anos, hoxe anotamos na lista de imprescindibles a Thorgal, o vikingo que so quería vivir tranquilo. As novidades viñeron dende a libraría A Gata Tola de Compostela con Javi, mais desta volta, formamos un Dream Team e tamén estiveron connosco Xaime Lis da librería Komic de Compostela e Dani Xove para facermos a  quiniela do saló. Todo sazonado con boísima música e moita risada.

http://www.ivoox.com/player_ej_4352944_2_1.html?data=lZiilJ6YeI6ZmKiakpaJd6KllIqgo5aXcYarpJKfj4qbh46kjoqkpZKUcYarpJK6x9nWaaSnhqeg0tTQqdSfpcrZy9fFstXZ1JCfm5KJe6Shrsrh1Iqnd4a2lNXczsrXb6XZzc7fw9PYqdShhpywj5U%3D&

Metrópoles DelirantesOs temas que sonan no programa son:

  •  The Strokes – The modern age.
  • Norton – Make it last.
  • Abraham Boba – Algunas (pequeñas) verdades domésticas.
  • Goldfrapp- Utopía.
  • Franz Ferdinand – Brief encounters.
  • Hercules and love affair – Blind.

Primeiras Xornadas Orixinais de Komic Librería

komic-libreria-xornadas-orixinais-2015-03-Metrópoles DelirantesPío e Xaime, son dous dos libreiros máis coñecidos na bd galega e dende Komic Librería sempre buscan ofrecer algo distinto, e desta volta van a organizar na libraría algo que nunca fixeron e que é ben interesante: achegar aínda máis as obras e autores ao seu público.

Con esta premisa, convocaron a tres dos seus (e nosos) historietistas preferidos para celebrar as primeiras Xornadas Orixinais de Komic Librería, durante as que exporán e porán á venda traballos orixinais de David RubínJosé Domingo e Iván Suárez.

Do xoves 12 ao sábado 14 de marzo, poderedes visitar a libraría para observar polo miúdo varios traballos orixinais destes autores, dende ilustracións individuais ata páxinas de obras xa publicadas, con diversos formatos e un amplo abano de prezos que as fai accesibles a todos os petos.

Irán dando máis información na súa web.

Dylan Horrocks xa fala en Galego

dylan_horrocks_capa-Metrópoles DelirantesEstaleiro Editora vai presentar o día 6 ás 19:00 horas no salón Viñetas desde o Atlántico a primeira obra de bd co seu selo, e non podían escoller un autor máis celebrado que o neozelandés Dylan Horrocks, gañador no ano 2002 dun Eisner.

A obra escollida é “Comics desde Hicksville”, un libro que recolle cinco historias escritas e debuxadas polo autor ao longo dos últimos 20 anos. Nel podemos aprezar a evolución de Dylan facendo banda deseñada así como a presenza, xa dende os seus comezos, das súas grandes virtudes: a metalinguaxe, un certo realismo máxico, unha capacidade enorme de ensoñación e, sobre todo, o agarimo.

O libro editase utilizando a variante galega da lusofonía, traducido por María Rosende e con limiar de Xaime Lis, da Librería Komic.

Seguir lendo