Arquivo por etiquetas: Libraría Banda Deseñada

Metrópoles Delirantes 34 – Enrique Fernández

Enrique FernándezComezamos coas novas da bd e parolando da lea xudicial de Moulinsart nos Países Baixos, o Sr B fai imprescindible o efectiviwonder cómics de Dani Xove, un dos tebeos que máis lle aquelou o ano pasado, entrevistamos a Enrique Fernández, autor de Brigada, unha bd xeitosa da que xa editou dous libros e que ten o record de recadación nun crowdfunding de cómic. No final as novidades que desta volta chegan dende a nova librería Banda deseñada de Vigo onde nos recibiu Melo que vai ser o encargado de facernos as recomendacións. Coma sempre todo cunha boa dose de música deliciosa.

http://www.ivoox.com/player_ej_4673703_2_1.html?data=lZuklZyUd46ZmKiakpaJd6Kkkoqgo5accYarpJKfj4qbh46kjoqkpZKUcYarpJK6x9nWaaSnhqeg0tTQqdSfpcrZy9fFstXZ1JCglpKJe6Shrsrh1Iqnd4a2lNXczsrXb6XZzc7fw9PYqdShhpywj5U%3D&

  • Quim Barreiros – A cabritinha.efectiviwonder-Metrópoles Delirantes
  • Emanuel – Pimba, pimba.
  • Ian Pooley – Coração tambor.
  • Franco Battiato – Voglio vederti danzare.
  • Rastreros – O sacristán de Basán.
  • Terbutalina – Canto moderno.
  • The Kinks – All day and all of the night.
  • The Homens – Alba nuclear.

Ligazóns:

Presentación-Performance de “El Infierno del dibujante en Banda deseñada (Vigo)

El_infierno_del_dibujanteMañá, venres día 8, Kiko da Silva estará debuxando toda unha xornada laboral no escaparate da nova libraría Banda Deseñada.

Con motivo do lanzamento de “El infierno del dibujante” o seu novo libro,  e aproveitando que a librería Banda Deseñada inaugura novo local na rúa Portela nº 3 – O Calvario, os veciños e visitantes da zona do Calvario poderán observar en directo como é a xornada laboral dun debuxante de cómics xa que o autor realizará unha presentación-performance nesta librería, permanecendo toda a xornada laboral no seu escaparate, mostrando ós viandantes como é de duro e solitario o día a día dun debuxante de cómics.

EscaparateBD-Metrópoles DelirantesO día seguinte, sábado día 9, a partires das 18:00 horas o autor realizará na propia libraría Banda Deseñada unha presentación do libro onde tamén adicará exemplares.

Kiko da Silva coñecido autor de cómics e tamén director da escola de cómic e ilustración O Garaxe Hermético e ven de publicar “El infierno del dibujante” (Dibbuks), o seu novo traballo có que gañou o prestixioso Premio Castelao de Cómic que concede a Deputación da Coruña.