Arquivo por etiquetas: Laura Ballester

As lecturas do SrB: El día3

“Nin impredecíbel ni inevitábel”

11_Eldia3_1 copiaNesta primeira parte do século vinteún sublimou como a graxa na pota dos rixóns un xeito de facer política populista (e popular), que bebe directamente das fontes do neoliberalismo dos Chicago Boys. Políticas de desregulación e liberalización, de desprotección e precarización dos servizos públicos. Paradoxalmente tiveron moito éxito estre as clases populares e os traballadores do que nalgún momento puidemos chamar clase media. Desas lameiras viñeron moitas desgrazas, algunhas tan visíbeis coma as económicas, a crise, outras só visíbeis nas traxedias. O Yak 42, o tren Alvia de Compostela ou esta que hoxe nos ocupa, a do metro de Valencia. Seguir lendo

Advertisements

A BD como medio social, discurso e compromiso en 6 cómics actuais

Os que gozamos coa Banda Deseñada e procuramos manternos ao día asistimos recentemente a outra desas «falsas polémicas» que coma as serpes de verán volven con cada estación. Porqué lles chamo falsas? Porque parten de premisas falsas, inexactas ou terxiversadas, algo que por desgraza vemos cada día nos medios de comunicación de masas e que xa advertia Bordieu nos 90 que ía pasar.

Desta volta o tema non era si existe a novela gráfica ou se tal lista é acaida. Agora o tema é se a Banda deseñada ten diferentes capas de significado e se pode ter un compromiso político ou social. É evidente que si. Porén desta vez a polémica é inexistente porque quen a enuncia amosou nas súas argumentacións certas «disonancias cognitivas» ou dito en galego non entendeu nada. Outro tema é se merece a pena discutir con iletrados.

Mais esa falsa polémica serve para presentar seis bandas deseñadas actuais que son interesantes, e por suposto, con multiples niveis de lectura que convidan á reflexión, afondando porén en algo que todos e todas sabemos xa: a banda deseñada non só é un medio excelente para este tipo de narrativas senón que agora mesmo é un dos que máis obras deste tipo pon no mercado. Seguir lendo