Arquivo por etiquetas: La Guerra Civil española

A Guerra Civil española en seis bandas desenhadas

Atila-Metrópoles DelirantesAtila de Inacio e Iván Suárez

Estamos en febreiro de 1938, Castelao era deputado pola Fronte Popular e acompaña ao goberno da República na retagarda en Barcelona. A xornalista  Magda Donato entrevista ao político (publicada no nº 32 do magacín Mi revista) mais a súa conversa é interrompida polo bombardeo da aviación fascista italiana, diríxense ao interior dun refuxio antiaéreo onde o continúan a entrevista e Castelao lembra anécdotas da súa infancia na pampa arxentina. Para ilustrar o texto, e como agasallo para ela, Castelao entrégalle uns debuxos do libro, Atila en Galicia, no que o artista quixo plasmar as atrocidades e a masacre que se está a cometer durante a guerra.

Cuarta entrega desta serie editada por Demo editorial que debería estar sen dúbida en tódalas bedetecas.

Vencedor-y-vencidoVencedor y vencido de Sento Llobell

Sento Llobell é o autor da triloxía sobre Pablo Uriel, que remata con con Vencedor y vencido, o libro que pecha a triloxía que forma xunto a Un médico novato y Atrapado en Belchite,

Este conxunto de obras conta as vivencias de Pablo Uriel (sogro do autor), un médico recén licenciado ao que recrutan para ir ao fronte as forzas sublevadas e que logo é feito prisioneiro polos republicanos.
Unha serie de cómics ben interesantes que dan unha visión particular do conflito a través dos ollos dun home que aínda sendo de esquerdas foi mobilizado polo bando sublevado, que estivo en perigo de morte varias veces e que ao final como moitos outros foi vencedor e vencido dunha guerra na que realmente só gañou a barbarie do franquismo. Seguir lendo

Advertisements