Arquivo por etiquetas: La balada del norte

As lecturas do Sr B: La Balada del Norte

Aquí en español.

A revolución que non puido ser.

labaladadelnorte_1-metropoles-delirantesLa Balada del Norte, da que xa temos os dous primeiros tomos nos andeis das librarías (será unha triloxía), é unha obra maiúscula, unha epopea mineira na Asturias do ano 1934, tempo convulso no que a República comezou a dar síntomas de perigosa febleza e os militares salvapatrias de fortaleza xenocida. Un episodio que a propaganda franquista tentou facer desaparecer, ou no mellor dos casos, retorcer ata construír un relato axeitado para o movemento.

Alfonso Zapico, como cantaba a Rosenvinge, toma a distancia adecuada. Conta unha historia ficticia, nunha vila inexistente, Montecorvo, mais nun marco histórico real. Como os bos cociñeiros fai que cada ingrediente ligue co outro para logo resaltar o verdadeiramente importante e a partir da esencia construír un relato no que todo encaixa e todo é sublime. Seguir lendo

Advertisements

Metrópoles Delirantes 37 – Alfonso Zapico

Alfonso Zapico e Nieves RodríguezFalamos con Emilio Bernárdez da editorial La Cúpula, unha das grandes editoras do estado cunha traxectoria de 35 anos e un catálogo de autores importantísimo. Despois dos especiais do verán recuperamos os imprescindibles, e comezamos viaxando a Francia para tomarlle uns viños con Etienne Davodeau, un autor que conta historias sinxelas da vida cotiá coa mestría dun artesan. Tamén temos nesta emisión un invitado de luxo, un dos autores que máis lle aquelan ó Sr B, un autor comprometido, e de discurso claro e conciso, invitado no pasado viñetas onde tivo a amabilidade de falar con nós. Alfonso Zapico. E para rematar esta viaxe pola bd, volve ata as metrópoles, Xaime Lis o libreiro de voz melodiosaEdiciones-La-Cupula-Metrópoles Delirantes e gambeteo porteño que ven dende a libraría Komic de Compostela. E rematamos coas nosas adoradas Ataque escampe, unha “vaina loca”.

http://www.ivoox.com/player_ej_8121135_2_1.html?data=mZafk5aXeY6ZmKiakpaJd6Kkkoqgo5WUcYarpJKfj4qbh46kjoqkpZKUcYarpJK6x9nWaaSnhqeg0tTQqdSfpcrZy9fFstXZ1JCgmZKJe6Shrsrh1Iqnd4a2lNXczsrXb6XZzc7fw9PYqdShhpywj5U%3D&

As  músicas deste programa son:

  • The Beatles – Everybody´s got something to hide except for me and my monkey.
  • Astor Piazzola – Pulsacion No. 4.
  • Pizzicato Five – Lemon Kiss (Like I Do)
  • Víctor Manuel – La planta 14.
  • Ataque Escampe – Arder.