Arquivo por etiquetas: Kalandraka

III Festival da Arte da Ilustración “Allariz Debuxado”

allariz-ilustrado_03_baixa_1Os días 25 e 26 de xaneiro, Allariz acollerá a terceira edición do Festival da Arte da Ilustración “Allariz Debuxado”. Esta iniciativa desenvolvida conxuntamente pola editorial Aira, a escola Antonio Faílde de Ourense e Pablo Picasso da Coruña será un foro de participación de ilustradores, tanto profesionais coma afeccionados e nela participarán máis de cen alumnos e alumnas das escolas galegas.

Na programación atopamos palestras con ilustradores de recoñecido prestixio no sector como Javier Olivares; Miguel Ángel Giner e Cristina Durán, que presentarán as súas bandas deseñadas “Tercer día” e “Una posibilidad”. Un encontro cos editores de Kalandraka, Manuela Rodríguez e Xose Ballesteros, ensinarán aos participantes como presentar traballos ás editoriais. E tamén unha exposición que acollerá a Galería circular durante a fin de semana con traballos galardoados no Premio Compostela promovido pola propia Kalandraka. Seguir lendo

Advertisements

“Cándido y los demás” obra gañadora do XI Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado 

premio-comp-ilustrado-2018

A obra presentada co lema “Cándido y los demás”, escrita por Fran Pintadera e ilustrada por Christian Inaraja, é a gañadora -por unanimidade- do XI Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado, organizado polo Concello de Compostela e pola editorial Kalandraka.

Os gañadores recibirán 9000 euros como adianto polos dereitos de autor e o libro será publicado no vindeiro mes de santos nas cinco linguas peninsulares.

O xurado destacou a “variedade e calidade” dos traballos presentados.

Sobre “Cándido y los demás” sinalou “valorase o tratamento da diferencia e a diversidade, a mirada dun mesmo aos demais, e dos demais a un mesmo”. Tamén resaltou o xurados a “contemporaneidade da linguaxe e a universalidade temática, o estilo directo, coherente, circular e a riqueza gráfica, achegada ao deseño actual”. Seguir lendo