Arquivo por etiquetas: Juan Díaz Canales

36 Salón Internacional del Cómic de Barcelona

O 36 Salón Internacional do Cómic de Barcelona, comenzará esta quinta feira día 12 e decorrerá até o domingo 15 de abril. Nesta edición ocupa un espazo duns 50.000 metros cadrados e conta con 180 expositores.

Este anos introdúcense novidades para ampliar o seu público, unha destas novidades é o espazo Comic Kids, unha gran área que da prioridade á divulgación da banda deseñada entre os máis cativos, e as familias; un espazo lúdico onde se aprender técnicas de debuxo, guión, leer cómics e xogar.

O programa de exposicións inclúe unha mostra dedicada aos 45 años de Superlópez, o popular superheroe creado por Jan, autor do cartel de esta edición e que, según Antoni Guiral, comisario xeral das exposicións, “ao longo de 60 anos de profesión demostrou ser un historietista excepcional”. O Salón do Cómic tamén lembrará as revistas españolas de cómics para adultos aparecidas entre 1978 e 1992 na mostra antolóxica Las revistas del boom del cómic (para adultos), que presentará o traballo tanto dos autores españois coma daqueles que se estableceron no estado e que protagonizaron “un fenómeno que cambiou a industria da historieta española”. Seguir lendo

Advertisements

Metrópoles Delirantes 57 – Canales e Pellejero

md57-canales-pellejeroComezamos tempada con esta emisión e facémolo falando da actualidade coas novas da bd a todo filispim co SrB. No imprescindíbel unha obra de Etienne Davodeau, Rural. Na entrevista, escoitaremos a Juan Díaz Canales e Rubén Pellejero, dous grandes autores que xa son lendas vivas. E rematamos con Xaime Lis que dende Komic en Compostela achegouse para falarnos das novidades. Todo con flow e voces sexis 😉

http://www.ivoox.com/player_ej_12877009_2_1.html?data=kpelmZyUdJqhhpywj5WVaZS1kZWSlaaUdI6ZmKiak5KJe6ShkZKSmaiRdI6ZmKiar6mZe4yhjKjO0MbQqdSfxpC9x9HQqcvZ09Sah5ynca7Z1deSpZiJhpTk0NHS1ZCoqc3d08bb1srXcYarpJKd&

As músicas desta emisión son:

  • The Hustle – Van McCoy.
  • Booker T & The Mg´s – Melting Pot.
  • Emmanuelle Seigner – Le jour parfait.
  • The Shivas – Baby I Need You
  • Novedades Carminha – Que Dios reparta fuerte.

Viñetas desde o Atlántico 2016

Cartel-Viñetas-2016-Metrópoles Delirantes

Cartaz de Keko

Esta mañá celebrouse no Pazo Municipal a rolda de imprensa de presentación da edición 2016 do Salón Internacional do Cómic Viñetas desde o Atlántico. Tamén se presentou de xeito oficial o cartaz realizado por Keko, invitado do pasado ano. (Nova que nos adiantou Miguelanxo no MD54).

A decimo nona edición do Viñetas será na Coruña entre o 8 e o 14 de agosto. Segundo a organización “coa vocación de permitir unha ollada cómoda e certeira á realidade actual do cómic”,  o seu director, Miguelanxo Prado, destaca que este ano  terán máis peso ás historias de corte social xa que o cómic “é un dos espazos artísticos que reaccionan con maior rapidez aos acontecementos e inquietudes sociais”. Seguir lendo

Gañadores dos premios da Asociación de Autores Española 2016

AACE-Metrópoles DelirantesComo cada ano coincidindo co Saló do cómic de Barcelona vanse entregar os premios que outorga a Asociación de Autores de Cómic de España, será a sexta feira (venres) 6 de maio.

Nestes premios a votación realizase exclusivamente polos profesionais da banda deseñada.

Os gañadores deste ano son:

  • Recoñecemento a toda unha carreira profesional no cómic, Josep María Beà i Font.
  • Premio á traxectoria profesional dun autor ao longo do ano, Juan Díaz Canales.
  • Premio á institución, empresa ou personalidade que apoiara ao cómic español, EXPOCÓMIC.

“Baixo o sol de medianoite” o novo Corto Maltés

Corto_canales_pellejero-Metrópoles DelirantesEís o titulo que levará a nova entrega de Corto Maltés, con guión de Juan Díaz Canales e debuxo de Rubén Pellejero.

A liña segue sendo moi fiel ao deseño de Hugo Pratt. O debuxante Ruben Pellejero mantivo os clásicos atributos que o fan inconfundible: a pucha de comandante, o seu abrigo de fibelas con lapelas anchas, un colete vermello e tamén o pendente de ouro na orella esquerda .

Benoît Mouchart, director editorial de Casterman, só fixo público sobre a historia, que “ocorre en 1915 no frío …” O álbum estará en cor, cunha variación de branco e negro. O biógrafo de Pratt, Dominique Petitfaux, engadiu: “Eu tiven a oportunidade de ver as primeiras oito pranchas. Son espléndidas. Polo que vin, descubrimos a un Corto Maltés con Rasputin no Norte aínda mozos.

Seguir lendo

Nominacións dos Premios Eisner 2015

eisnerawards_logo_12Xa coñecemos as nominacións deste ano ós importantes premios Eisner que serán entregados nunha cerimonia o venres 10 de xullo.

Hai varios españoles nominados; recunca David Aja, responsable xunto co guionista Matt Fraction de Hawkeye,  Marcos Martin é nominado por ‘The Private Eye‘ a obra de ciencia ficción con guión de Brian K. Vaughan, Max pola obra Vapor, Meritxell Bosch que está nominada pola obra ‘BirdCatDog‘, e ‘Blacksad: Amarillo‘ de Juan Díaz Canales e Juanjo Guarnido, compite na categoría de mellor edición de material internacional, Guarnido tamén está nominado a mellor debuxante.

Mellor historia curta

“Beginning’s End,” by Rina Ayuyang, muthamagazine.com
“Corpse on the Imjin!” by Peter Kuper, in Masterful Marks: Cartoonists Who Changed the World (Simon & Schuster)
“Rule Number One,” by Lee Bermejo, in Batman Black and White #3 (DC)
“The Sound of One Hand Clapping,” by Max Landis & Jock, in Adventures of Superman #14 (DC)
“When the Darkness Presses,” by Emily Carroll, http://emcarroll.com/comics/darkness/

Seguir lendo