Arquivo por etiquetas: José Pablo García

A Guerra Civil española en seis bandas desenhadas

Atila-Metrópoles DelirantesAtila de Inacio e Iván Suárez

Estamos en febreiro de 1938, Castelao era deputado pola Fronte Popular e acompaña ao goberno da República na retagarda en Barcelona. A xornalista  Magda Donato entrevista ao político (publicada no nº 32 do magacín Mi revista) mais a súa conversa é interrompida polo bombardeo da aviación fascista italiana, diríxense ao interior dun refuxio antiaéreo onde o continúan a entrevista e Castelao lembra anécdotas da súa infancia na pampa arxentina. Para ilustrar o texto, e como agasallo para ela, Castelao entrégalle uns debuxos do libro, Atila en Galicia, no que o artista quixo plasmar as atrocidades e a masacre que se está a cometer durante a guerra.

Cuarta entrega desta serie editada por Demo editorial que debería estar sen dúbida en tódalas bedetecas.

Vencedor-y-vencidoVencedor y vencido de Sento Llobell

Sento Llobell é o autor da triloxía sobre Pablo Uriel, que remata con con Vencedor y vencido, o libro que pecha a triloxía que forma xunto a Un médico novato y Atrapado en Belchite,

Este conxunto de obras conta as vivencias de Pablo Uriel (sogro do autor), un médico recén licenciado ao que recrutan para ir ao fronte as forzas sublevadas e que logo é feito prisioneiro polos republicanos.
Unha serie de cómics ben interesantes que dan unha visión particular do conflito a través dos ollos dun home que aínda sendo de esquerdas foi mobilizado polo bando sublevado, que estivo en perigo de morte varias veces e que ao final como moitos outros foi vencedor e vencido dunha guerra na que realmente só gañou a barbarie do franquismo. Seguir lendo

Advertisements

Metrópoles Delirantes 32 – José Pablo Gracía

MD32-Metrópoles DelirantesComezamos coas novas da bd. O Sr B recomenda nos imprescindibles “O Nao de Brown”, unha obra, como él di, ben escrita e ben debuxada. Falamos con José Pablo García, autor de “Las Aventuras de Joselito”, un libro que deslumbra pola calidade gráfica e a capacidade mimética do seu autor. Para rematar, Javi de A Gata Tola coas novidades; todo con música estupenda e moito bo humor.

Os temas que sonan no programa son:

  • Moloko – Sing it back.
  • Creedence Clearwater Revival – I Heard It Through The Grapevine.
  • Terbutalina – R.A.J.O.Y.
  • Amy Winehouse – You Know I’m No Good.
  • Kiko Veneno – Joselito.
  • Leño – Que tire la toalla.
  • Smash – El garrotín.

http://www.ivoox.com/player_ej_4547569_2_1.html?data=lZqhmZqafY6ZmKiakpaJd6KkkYqgo5WUcYarpJKfj4qbh46kjoqkpZKUcYarpJK6x9nWaaSnhqeg0tTQqdSfpcrZy9fFstXZ1JCglJKJe6Shrsrh1Iqnd4a2lNXczsrXb6XZzc7fw9PYqdShhpywj5U%3D&

Esta semana pasada o Sr B tamén participou no primeiro “crossover” da podcastfera galega que xuntou os ntegrantes dos programas Radio Bertoldo e La Morsa era Yo, nun episodio adicado aos cómics e a arquitectura. A experiencia foi tan divertida que será o primeiro capítulo dunha colaboración que será máis longa.

LMEY-Arq-Ep17Radio Bertoldo, é o podcast persoal dun apaixonado da banda deseñada. Iago cóntanos o seu día a día nesta afección: o que lee e o que merca, ou o que lle apetece mercar, os eventos relacionados ás que se achega, e incluso algunha entrevista a invitados especiais.

La morsa era Yo, é un podcast adicado á arquitectura na que Juan Ortiz xunto cos seus compañeiros, Alberto, Cristina, Luis, Luis Manuel, Emilio e José, van debullando a arquitectura dun xeito ameno e que a fai doada de entender tamén polos non profesionais do tema. É un dos mellores podcast que se fan non xa en Galiza senón no estado español e así foi recoñecido nos quintos premios da Asociación de Podcasting co premio ó Mellor podcast de historia e cultura .

 

Na páxina de Radio Bertoldo.

Na páxina de La Morsa era Yo.