Arquivo por etiquetas: José Luis García López

A DC Comics Style Guide de José Luis García López

Batman_GarciaLopez-Metrópoles DelirantesHai apenas un mes e medio visitaba a súa aldea natal no concello de Lalín, José Luís García López, alí tivemos o privilexio de falar con el na presentación do cuarto número de Castelao de Ivan e Inacio, un home sinxelo e humilde, pero sobre todo, moi agradábel, que se mostraba sorprendido pola repercusión do seu traballo.

Entre outros traballos, José Luís ilustrou para DC a iniciativa de Warner Bros, a guía de personaxes da compañia, a referencia para outros autores e tamén para o merchandising. A DC Comics Style Guide é un traballo de 1982 da que a páxina de fans en Facebook “José Luis García-López Fans”  pendurou na rede  máis de  200 páxinas, nas que atoparemos os deseños de personaxes, e guías de cor. Un traballo realmente importante e de altísima calidade que podedes (e debedes) ver aquí.

Vía

Advertisements

Presentación de “Atila”, cuarto tomo da biografía de Castelao, en Lalín

Presentacion_atila-Metrópoles DelirantesMañán luns 13 de xullo, ás 20:30 horas no Museo Ramón María Aller de Lalín será a presentación de Atila, o cuarto tomo da biografía gráfica de Castelao.

Será para nós unha presentación moi especial xa que, ademais dos seus autores, Inacio Vilariño e Iván Suárez, e dos editores, Manel Cráneo (Demo Editorial) e Pío Barreiro (Komic Librería), nós tamén estaremos participando, e acompañados por un nome mítico do cómic estadounidense dos últimos corenta anos, José Luís García López, que moi amablemente aceptou o convite de participar neste acto para apoiar un dos proxectos máis interesantes e singulares da viñeta galega.

O acto será introducido por Nieves Rodríguez, que despois realizará xunto con Inacio unha lectura dramatizada dunha das pasaxes da obra.

Aquí un artigo sobre Atila na web de Komic.

José Luis García López o galego que debuxa na DC, estará no Saló de Barcelona

Batman_GarciaLopez-Metrópoles DelirantesNo vindeiro Saló Internacional do cómic de Barcelona deste ano imos ter (polo menos) un representante galego, José Luis García López, autor de bd que traballa sobre todo para DC, naceu en Pareizo (Lalín), no ano 1948, mais emigrou a Arxentina cando tiña 5 anos coa súa familia. Traballou cunha lenda da banda deseñada Arxentina, o guionista Héctor Oesterheld, nas historias de “Roland El Corsario” que se publicaría na revista Fantasía, un personaxe que acadou grande éxito no país austral. A mediados dos setenta trasladouse a Nova Iorque, onde aínda vive e segue a debuxar cómics.

Dos pinceis de José Luis García López saíron historias para as grandes iconas da editorial, Batman, Wonder Woman ou o Home de Aceiro entre outros moitos, e tamén é o responsable da realización da DC Comics Style Guide, o manual de estilo da compañía no que se recollía todo o elenco de personaxes da editorial, unha guía (xa mítica) de referencia para outros debuxantes da compañía. Seguir lendo