Arquivo por etiquetas: José Ángel Ares

Metrópoles Delirantes 48 – Mariano Casas

La Carga-Metrópoles DelirantesFalamos con José Ángel Ares de, El rey de la Carretera o seu novo e apocalíptico libro con guión de Josep Busquet. O Sr B trae aos imprescindibles Las guerras silenciosas, a magnífica obra de Jaime Martín. Con Mariano Casas falamos do crowdfunding que está a facer para publicar o seu seguinte libro e dunha ferramenta docente baseada na bd que desenvolveu xunto a Teresa Comoxo. Para rematar, esta emisión as novidades que veñen con licorcafé ourensano da man de Simón do Sindicato do cómic, a libraria especializada de Ourense. Todo con música boa coma os persebes!

O crowdfunding de Mariano está aquí.

http://www.ivoox.com/player_ej_10620808_2_1.html?data=kpWjlJWcdJmhhpywj5WVaZS1kZWSlaaZeI6ZmKialJKJe6ShkZKSmaiRdI6ZmKiar8rYtoa3lIqvldXTsMbnjKnSzs7Wpc_oxtiYlp2RaZi3jrLS1teJh5SZo5jd0dHJt4y4xtHW1MbSuMbnjoqkpZKU&

As músicas desta emisión son:

  • Daft Punk (feat Pharrel Williams) – Get Lucky.
  • Wilco – One Sunday Morning.
  • The Smiths – Bigmouth Strikes Again.
  • Los Planetas – Romance De Juan Osuna.
  • Frank Zappa – My Guitar Wants to Kill Your Mama.
Advertisements

Adiantamos 3 páxinas de El rey de la Carretera

Adiantamos tres páxinas do novo traballo de Busquet e José Ángel Ares, El rey de la Carretera, editado por Aleta e que sairá a venda en Marzo.

Portada el rey-Metrópoles Delirantes pag_1-Metrópoles Delirantes

pag_2-Metrópoles Delirantespag_3-Metrópoles Delirantes

Ideas para agasallar Bd galega

A terra quere pobo. Esta frase que ademais é o titulo dun libro, serve para ilustrar o que necesita a bd do país para se converter nun sector forte e capaz; público.

Serva esta pequena listaxe coma suxestión de agasallos para estas datas, é evidente que non están todas as obras pero pensamos que si está unha boa escolma ben representativa da variedade da bd galega (ou feita por galegos).

Toreromaus-Metrópoles DelirantesToreromaus – Los Bravú.

Unha edición preciosa de Fulgencio Pimentel limitada a 250 exemplares e ben coidada para unha obra que sorprendeu pola frescura e audacia coa que Dea e Diego contan esta pequena aventura etílica.

 

 

 

 

Catalogo_oneroso-Metrópoles DelirantesCatalogo Oneroso de beleza gratuíta – Fran Bueno.

Fran Bueno acadou con esta obra o  VIII Premio Castelao de bd, convocado pola Deputación da Coruña. Unha obra que é unha auténtica marabilla que merece a pena descubrir, sensibilidade e delicadeza, unha obra, no noso parecer,  moi poética.

Seguir lendo

Metrópoles Delirantes 21 – Víctor Coyote

portada_sandia-Metrópoles DelirantesFalamos con Víctor Coyote que nos contou cousas do seu libro “Tio Budo”, editado primorosamente por Fulgencio Pimentel. O Sr B inscribe as “Aventuras dun oficinista xaponés” de José Domingo na súa listaxe de imprescindibles. Con Javi de Castro falamos do fanzine “Oiga, mire, mañana” que ven de publicar con 10 autores novos pero xa importantes na bd coma Xulia Vicente e Luis Yang, e tamén falamos da súa novela gráfica “Sandía para cenar”. José Ángel Ares veu ata as Metrópoles para ensinarnos o seu novo libro que xira en torno do “Bitcoin” e que ten aventuras a gogó e un montón de cameos. As novidades deste programa son cousa de Javi de A Gata Tola, e coma sempre todo con boa música e moito amor.

http://www.ivoox.com/player_ej_3828695_2_1.html?data=lJ2fmpudeY6ZmKiakpaJd6KklIqgo5aZcYarpJKfj4qbh46kjoqkpZKUcYarpJK6x9nWaaSnhqeg0tTQqdSfpcrZy9fFstXZ1JCfk5KJe6Shrsrh1Iqnd4a2lNXczsrXb6XZzc7fw9PYqdShhpywj5U%3D&

Independencia?

Independencia1-Metrópoles DelirantesNos próximos días resolverase unha das incognitas políticas que xa leva meses sendo o tema estrela no estado español.

¿Será o President Mas capaz de celebrar o polémico referendo que o ten enfrontado co goberno español?

Pero para facernos máis divertida a espera, Josep Busquet e José Ángel Ares, tiveron a ben crear unha bd que sairá ó mercado días antes da data escollida para a consulta. Tirando de humor retranqueiro e gamberro darán un repaso ó tema de moda no estado, neste final de ano.

“Independencia?” que é o título do álbum tratará con humor o reto político do Govern Catalán.

Son moitas as horas de televisión e radio adicadas ó tema e miles as páxinas escritas ,mais ninguén ata o de agora tratara aínda o tema nun cómic. O libro terá 72 páxinas a cor e será editado por Diábolo Ediciones a un prezo de 13, 95 euros.

Independencia4-Metrópoles Delirantes

Bitcoin: A caza de Satoshi Nakamoto

Bitcoin-Metrópoles DelirantesA editorial Dibbuks publicará “Bitcoin: La caza de Satoshi Nakamoto”.

O cómic foi presentado en Londres, o 10 de xullo, no CoinSumm.it, a conferencia sobre Bitcoin, aínda que a primeira edición chegará ás librerías españolas en outubro.

Os personaxes desta bd, debuxados por José Ángel Ares, con guión de Josep Busquets e A. Preukschat contan os mitos e realidades da moneda virtual Bitcoin, ten 112 páxinas bitono que trasladarán ó lector a unha aventura chea de acción, na que mafia, servicios secretos, medios de comunicación e cidadáns, crúzanse para capturar a Satoshi Nakamoto.

Captura de pantalla 2014-07-17 a la(s) 00.24.21

Metrópoles Delirantes 1 – José Ángel Ares

MD1-Metrópoles Delirantes

Momento da gravación do programa

Neste primeiro programa entrevistamos a Jose Ángel Ares e os fancineiros de Compota de Manatí, facemos unha reportaxe de Hayao Miyazaki, escoitamos a crítica do Mapache, Pedro Rey fala de Tintín.