Arquivo por etiquetas: Jorge González

Viñetas desde o Atlántico 2016

Cartel-Viñetas-2016-Metrópoles Delirantes

Cartaz de Keko

Esta mañá celebrouse no Pazo Municipal a rolda de imprensa de presentación da edición 2016 do Salón Internacional do Cómic Viñetas desde o Atlántico. Tamén se presentou de xeito oficial o cartaz realizado por Keko, invitado do pasado ano. (Nova que nos adiantou Miguelanxo no MD54).

A decimo nona edición do Viñetas será na Coruña entre o 8 e o 14 de agosto. Segundo a organización “coa vocación de permitir unha ollada cómoda e certeira á realidade actual do cómic”,  o seu director, Miguelanxo Prado, destaca que este ano  terán máis peso ás historias de corte social xa que o cómic “é un dos espazos artísticos que reaccionan con maior rapidez aos acontecementos e inquietudes sociais”. Seguir lendo

Advertisements

Homenaxe a El Eternauta

10540571_10204874219403428_7744106141276494898_o

Viñeta de Mister Ed (@twiiited)

O Eternauta é unha das obras máis importantes do cómic mundial, a estas alturas calquera afeccionado ás historietas non só ten que coñecelo, senón, telo lido.

O debuxante Jorge Gonzalez, puxo en marcha unha iniciativa ben fermosa e que está a ter unha moi boa acollida entre os debuxantes, unha homenaxe ó libro que consiste en que cada participante debuxe unha das tiras nas que previamente se divideu o libro.

O creador desta iniciativa estableceu unhas normas mínimas para unificar os criterios poñendo especial atención en respetar o traballo orixinal de Solano López, na súa páxina de Facebook pódense ver exemplos das tiras xa enviadas con visións realmente espectaculares deste marabilloso libro.

Autores coñecidos coma Carla Berrocal, Javier Olivares, Luis Yang ou Ed Carosia están entre os máis de 500 que xa enviaron a súa participación.

Fixémoslle unhas preguntas a Jorge Gonzalez sobre esta iniciativa.

 – Porqué pones en marcha esta peculiar iniciativa y porqué con El Eternauta?

Surgió la idea de una manera repetentina, la propuse en FB y en minutos comenzó a rodar. No esperaba siquiera que me contestasen, así que fue una sorpresa. El Eternauta es la historieta que más me marcó y una de las más interesantes que se han hecho hasta el momento. Casi todo el mundo la leyó o la tiene al alcance de su mano…es una obra que nos reúne a muchos de nosotros.

– Cuantos autores están involucrados por el momento y cuantas páginas terminadas?

Unos 630 y sigue subiendo cada día. Hay unas 10 acabadas y muchas que solo falta una tira para completar las tres necesarias.

– Piensas en editarlo de alguna forma (digital, papel)?

No sé que haré. Ya se verá y se hará la propuesta. Lo primero es cerrar tranquilamente la iniciativa.

– Cuando crees que estará disponible para el público?

A medida que vayan completándose las páginas me haré una mejor idea. Es probable que en algunos meses.

Ñam, festival internacional de cómic e novela gráfica

nam-CARTEL-Metrópoles DelirantesEstamos nun momento no que abrollan moitos festivais e xornadas de cómic novos, mentres outros pasan por dificultades para seguir vivos. En Palencia estrean cita este ano, e parece que ven para quedar e converterse nunha das datas importantes, de momento nesta edición terán unha axenda de actividades moi completa e con importantes nomes invitados.

O Ñam vaise celebrar do 30 de setembro ó 5 de outubro, cunha programación dirixida tanto ós aficionados coma ós novos (ou futuros) autores, e ten ás institucións públicas castelán leonesas amparando o proxecto.

Por este festival pasarán invitados tan interesantes coma o noso David Rubín, Scott McCloud, David Aja, ou Alfonso Zapico. Haberá actividades para profesionais e para aficionados, obradoiros, conferencias, master-class e ata sesións de networking . Seguir lendo