Arquivo por etiquetas: Joann Sfar

Metrópoles Delirantes 51 – Marcello Quintanilha

tungsteno-portada-Metrópoles DelirantesVolven as revistas, chega Voltio a revista que coordinan Ana Oncina e Álex Giménez, e chega co respaldo de La cúpula. Falaremos con Ana e Álex desta nova proposta. O Sr B trae ó seu curruncho de imprescindíbeis o Vampir de Joann Sfar que na España editou primorosamente Fulgencio Pimentel. Marcello Quintanilha o autor do magnífico Tungsteno, premiado no último festival de Angouleme embarca connosco na dorna da bd para contarnos dos seus proxectos. Rematamos o programa con Javi, da libraría A gata tola de Compostela, que veu para contármonos das novidades máis interesantes e tamén para falar de libros con plastiquiños.

http://www.ivoox.com/player_ej_11205989_2_1.html?data=kpafkpqdfJqhhpywj5WVaZS1kZWSlaaVd46ZmKialJKJe6ShkZKSmaiRdI6ZmKiar8rYtoa3lIqvldXTsMbnjKnSzs7Wpc_oxtiYl5aRaZi3jrLS1teJh5SZo5jd0dHJt4y4xtHW1MbSuMbnjoqkpZKU&

As músicas deste programa son:

  • The Retrosettes Sister BAnd – You Got The Love.
  • Herbie Hancock – Oliloqui Valley.
  • Los Tamara – El Hombre Del Tiempo.
  • Eels – My Beloved Monster.
  • Undershakers – She´s Falling In Love With A Monster Man.
  • Jota – Una vez jure.
Advertisements

Novo libro e novo filme de Sfar

O_gato_do_rabino6-Metrópoles DelirantesNo mes de Agosto, concretamente o 28, en Francia, Joann Sfar publica unha nova entrega das andanzas de “El gato del rabino” que levara por titulo “Tu n’auras pas d’autre dieu que moi” e será o sexto tomo desta banda deseñada que xa é un imprescindible nas bedetecas.

Ademais e despois de “O gato do rabino” e “Gainsbourg” chega as salas de cinema francesas o terceiro filme dirixido por Joann Sfar que leva por titulo “A dama no coche con gafas e un fusil”. O filme está baseado na novela de Sèbastian Japrisot que foi adaptada por Gilles Marchand e Patrick Godeau. A cinta está protagonizada por Sebastian Biolay, Elio Germano, Stacy Martin e Freya Mavor. A_dama_e_o_coche-Metrópoles DelirantesTratase dun Thriller que xira ó redor dunha misteriosa muller rubia, miope, sentimental, mentirosa e obstinada. A mais inquedante das heroinas. Unha muller que nunca viu o mar que fuxe da policia e que non deixa de repetirse que non esta tola…

O desenrolo e o final desta historia poderan gozala nas salas de cinema en Francia a partires do cinco de agosto. No Estado Español ainda haberá que agardar non se sabe canto (ainda que o mais seguro e que quede polo camiño).

Sen dubida este agosto será o mes “Sfar”

Metrópoles Delirantes 27 – Luis Bustos

Metrópoles DelirantesPenélope Glamour ou Pierre Nodoyuna, son nomes que lembraredes daquela serie de animación que encheu horas de merendas e que volve hoxe no noso lebretes: Os tolos do volante ou en español los autos locos. versus - Metrópoles DelirantesNesta emisión enfundamos as luvas de boxeo e subimos ó ring para entrevistar a Luis Bustos o autor de Versus. O Sr B fai imprescindible O gato do rabino unha bd do polifacético Joann Sfar. Rematamos o programa coas novidades editoriais que chegan con Javi, da Compostelana librería A Gata Tola. Música de calité e moito humor.

http://www.ivoox.com/player_ej_4185473_2_1.html?data=lZall5mbd46ZmKiakpaJd6KklYqgo5WZcYarpJKfj4qbh46kjoqkpZKUcYarpJK6x9nWaaSnhqeg0tTQqdSfpcrZy9fFstXZ1JCfmZKJe6Shrsrh1Iqnd4a2lNXczsrXb6XZzc7fw9PYqdShhpywj5U%3D&