Arquivo por etiquetas: Javier Olivares

III Festival da Arte da Ilustración “Allariz Debuxado”

allariz-ilustrado_03_baixa_1Os días 25 e 26 de xaneiro, Allariz acollerá a terceira edición do Festival da Arte da Ilustración “Allariz Debuxado”. Esta iniciativa desenvolvida conxuntamente pola editorial Aira, a escola Antonio Faílde de Ourense e Pablo Picasso da Coruña será un foro de participación de ilustradores, tanto profesionais coma afeccionados e nela participarán máis de cen alumnos e alumnas das escolas galegas.

Na programación atopamos palestras con ilustradores de recoñecido prestixio no sector como Javier Olivares; Miguel Ángel Giner e Cristina Durán, que presentarán as súas bandas deseñadas “Tercer día” e “Una posibilidad”. Un encontro cos editores de Kalandraka, Manuela Rodríguez e Xose Ballesteros, ensinarán aos participantes como presentar traballos ás editoriais. E tamén unha exposición que acollerá a Galería circular durante a fin de semana con traballos galardoados no Premio Compostela promovido pola propia Kalandraka. Seguir lendo

Advertisements

Las Meninas, premio Nacional (de España) de cómic

las meninas-Metrópoles DelirantesXa coñecemos ó gañador do premio nacional de cómic de España, Las meninas de Javier Olivares de Santiago García. Era un dos candidatos que andaba en tódalas quinielas, unha obra editada por Astiberri que foi un éxito de vendas e que non para de darlles boas novas ós autores.

Santiago García confirmaba a nova vía twitter.

Tuit_Lasmeninas-Metrópoles Delirantes

 

Premios do XXXIII Saló do cómic de Barcelona

Xa coñecemos os gañadores dos premios do Saló de cómic de Barcelona, son os seguintes:

Premio votación popular: Ana Oncina por Croqueta y Empanadilla.

croqueta empanadilla-Metrópoles Delirantes

Seguir lendo