Arquivo por etiquetas: Javier de Isusi

Metrópoles Delirantes 28 – Javier de Isusi

Dani Xove, Simón e Nieves Rodríguez-Metrópoles Delirantes

Con Dani Xove e Simón de Sindicato del cómic

Un dos libros máis salientables do ano pasado foi “He visto Ballenas” de Javier de Isusi, unha visión moi interesante da fin da loita armada en Euskadi, e de como as persoas implicadas nela buscan a maneira de superar os anos de violencia. Destino Herguss-Metrópoles DelirantesO Sr B recomenda nos imprescindibles o Maus de Art Spiegelman, unha bd que fai tremer o lector coa dura historia do holocausto xudeu e as consecuencias que tivo aínda nos superviventes. Nunha comunicación intergaláctica falamos co cónsul do Planeta Mincha que nos conta cousas de Destino Hërgüss. As novidades veñen dende Ourense con Simón da Libraría Sindicato del cómic. Coma sempre con moitas risadas, boa música e un okupa no estudio.

http://www.ivoox.com/player_ej_4250325_2_1.html?data=lZeikpiWeY6ZmKiakpaJd6KkmYqgo5eWcYarpJKfj4qbh46kjoqkpZKUcYarpJK6x9nWaaSnhqeg0tTQqdSfpcrZy9fFstXZ1JCfmpKJe6Shrsrh1Iqnd4a2lNXczsrXb6XZzc7fw9PYqdShhpywj5U%3D&

Advertisements

ETA nos cómics

Este ano na bd estatal, publicáronse dous libros que tratan o mesmo tema, a organización vasca ETA. Aínda que a existencia de ETA alongouse por máis de 50 anos, no estado español sempre foi un tema “delicado” do que se falaba pouco. Namentres no cinema ou noutros tipos de literatura si que houbo distintas miradas e bastante produción, na bd, polo menos a nivel nacional é case inexistente e, ata este ano, só “La ola perfecta” se atreveu a levar á banda armada ós cadriños.

he_visto_ballenasPero parece que por fin a bd da un valente paso adiante e coa publicación de “He visto ballenas” de Javier de Isusi e “Las oscuras manos del olvido” de Cava e Seguí, non só é quen de tratar o tema, senón de paso, tamén de escenificar esa España dividida.

É este un tema que non só é polémico senón que un conflito de tal lonxevidade rematou por polarizar a vida política do estado, chegando a tales cotas de surrealismo que calquera guión de Berlanga contaría de forma máis veraz a realidade que algúns gobernos e medios de comunicación. Deuse nunha utilización do conflito e das vítimas oficiais con fins exclusivamente electorais, esquecendo sempre ós cidadáns e a resolución dos problemas trocando nun indecente artificio as políticas de paz pola estratexia do avestruz.

Seguir lendo

Lecturas para o verán (Parte 1)

Xa estamos no medio do verán e nas Metrópoles fixemos unha escolma das bedés, para nós, máis interesantes desta primeira metade do ano.

Toreromaus – Los Bravú (Ed Fulgencio Pimentel).

Con claras influencias dos mellores narradores da literatura galega coma Blanco Amor ou Castelao, os autores fan unha aposta arriscada pola innovación e a diferenciación, un libro con vocación de obra de arte en edición limitada de 250 ex.

Toreromaus-Metrópoles Delirantes

Pretty Deadly (en inglés) – Emma Rios, Kelly Sue DeConnick e Jordie Bellaire (Ed Image).

Un western con temática sobrenatural, unha obra mestra tanto no guión como na gráfica e que foi un gran éxito de vendas nos Estados Unidos, referendado con catro nominacións nos Eisner. Veñen de publicar o tomo que recompila o primeiro arco da serie (5 números) e no outono publicarase en español.

PrettyDeadly_03-1-Metrópoles Delirantes Seguir lendo