Arquivo por etiquetas: Jan

Trailer da película de Superlópez

O peculiar superheroe creado e debuxado por Jan en 1973 chegará, despois de caseque 80 álbumes, aos cinemas. O personaxe naceu como unha parodia do coñecido superhome de DC mais axiña tomo un camiño propio dándonos algunha das máis divertidas historietas da BD do estado, álbumes coma El supergrupo, Los cabecicubos ou El señor de los chupetes foron éxitos e aínda hoxe son cómics ben recomendábeis e divertidos.

No ano 2013 foi anunciada a intención de Alex de la Iglesia de adptar esta bd con José Mota de protagonista, aínda que finalmente non chegou a facerse. Finalmente a película de Superlópez, estrearase o 23 do mes de santos. Dirixida por Javier Ruiz Caldera (“Spanish Movie”, “3 bodas de más”, “Anacleto”) e escrita por Borja Cobeaga (Pagafantas, Ocho apellidos vascos) e Diego San José. A fita está protagonizada por Dani Rovira, Alexandra Jiménez, Julián López e Maribel Verdú e conta cun orzamento de 7,3 millones de euros.

Existe unha curtametraxe de animación titulada Superlópez contra el robot de bolsillo estreada en 2003 dirixido por Enrique Gato.

Advertisements

Metrópoles Delirantes 18 – Canales e Guarnido

MD18Na decimo oitava edición das Metrópoles parolamos un pouco de librerias, libros e clientes con Melo da librería Banda deseñada de Vigo que cumpre dez anos. O Sr B anota nos imprescindibles a un superheroe hispano, Superlópez. Neste programa fixemoslle unha entrevista os autores do premiadísimo Blacksad, Canales e Guarnido, e as novidades, aproveitando que viña de visita, esta vez son cousa de Melo, libreiro por amor. Todo salpicadiño de musica boísima.

http://www.ivoox.com/player_ej_3657650_2_1.html?data=lJuimZuZdI6ZmKiakpaJd6Kkloqgo5abcYarpJKfj4qbh46ljoqkpZKUcYarpJK6x9nWaaSnhqeg0tTQqdSfpcrZy9fFstXZ1JCempKJe6Shrsrh1Iqnd4a2lNXczsrXb6XZzc7fw9PYqdShhpywj5U%3D&

O Salón de Getxo ten cartaz de Emma Ríos

cartel_2014_comic-Metrópoles Delirantes

Cartaz de Emma Ríos

O Salón do Cómic de Getxo que se ha celebrar do 22 ó 24 de novembro, contará este ano con máis de 60 stands de establecementos de cómic, librerías especializadas, revistas, fanzines, editoriais e todo o relacionado coa bd.

Getxo recibirá a recoñecidos artistas, que participarán en charlas, presentacións e tamén en sesións de sinaturas. Nesta ocasión entre outros, estarán en Getxo o canadiense Guy Delisle, Bryan Talbot, gañador de galardóns coma o prestixioso premio Eisner, Alfonso Zapico, David Rubín, Raquel Córcoles e Juan Luis Landa.

O Salón fará unha homenaxe a Jan, autor de Superlópez e a o donostiarra Luís Gasca (divulgador e autor de numerosos estudios sobre o cómic).

Seguir lendo