Arquivo por etiquetas: Jagoba Lekuona

Publicados Altar Mutante 7 e Amair

Altar mutante 7-metropoles-delirantesO fanzine de “horror putrefacto e ciencia ficción grasenta” publica o sétimo número e lanza a serie Amair.

Altar Mutante Comix é unha publicación que desde 2014 reúne historietas de fantasía e terror realizadas por un amplo elenco de creadores e creadoras internacionais. Esta publicación promovida desde A Coruña polo historietistas, ilustradores e deseñadores gráficos Álvaro López e Luis Sendón xa está asentada como unha das cabeceiras de referencia do xénero, optando o ano pasado ao premio ao mellor fanzine no Salón do Cómic de Barcelona.

Para este sétimo número Jagoba Lekuona deseñou  unha impactante portada que é o pano que abre unha serie de historias a cargo do plantel autoral estable de Altar Mutante, Kike Benlloch, Diego Blanco, Manel Cráneo, Debelius, Roberto Díez, Super C, Don Rogelio J., Álvaro López e Luis Sendón. A esta excelente nómina de autores súmanse nesta entrega novos valores de enorme proxección: Gaudino, Kike J. Diaz, Gairah Love, Dani Xove e o propio Jagoba.

A outra novidade do selo é Amair, unha colección de catro números na que Kike Benlloch como guionista e Luis Sendón no debuxo. En Amair, presentan un universo orixinal de fantasía, encadrado nunha vertente escura do xénero de espada e bruxería (Sword & Sorcery). Esta é a primeira banda deseñada en galego desta editorial coruñesa e acompañando este lanzamento podemos desfrutar dunha exposición de debuxos e deseños de producción que se poderá ver do 8 ao 31 de agosto no Bar 13 (rúa Orzán 13, A Coruña).

Advertisements