Arquivo por etiquetas: Iván Suárez

Atila, cuarta entrega da bd de Castelao

Atila_Castelao-Metrópoles DelirantesDemo Editorial segue a ser a editora que máis incansablemente traballa a prol da bd galega, e para este vindeiro mes de Maio, mes das letras galegas, anuncia o lanzamento da cuarta entrega da serie na que Inacio Vilariño e Ivan Suárez contan a vida de Castelao. Esta entrega leva por título “Atila”, facendo referenza ao segundo dos tres álbumes de debuxos que fixo sobre a temática da guerra civil “Atila en Galicia”.

Aquí podedes descargar un adianto.

Advertisements

Primeiras Xornadas Orixinais de Komic Librería

komic-libreria-xornadas-orixinais-2015-03-Metrópoles DelirantesPío e Xaime, son dous dos libreiros máis coñecidos na bd galega e dende Komic Librería sempre buscan ofrecer algo distinto, e desta volta van a organizar na libraría algo que nunca fixeron e que é ben interesante: achegar aínda máis as obras e autores ao seu público.

Con esta premisa, convocaron a tres dos seus (e nosos) historietistas preferidos para celebrar as primeiras Xornadas Orixinais de Komic Librería, durante as que exporán e porán á venda traballos orixinais de David RubínJosé Domingo e Iván Suárez.

Do xoves 12 ao sábado 14 de marzo, poderedes visitar a libraría para observar polo miúdo varios traballos orixinais destes autores, dende ilustracións individuais ata páxinas de obras xa publicadas, con diversos formatos e un amplo abano de prezos que as fai accesibles a todos os petos.

Irán dando máis información na súa web.