Arquivo por etiquetas: Inacio e Ivan Suárez

A Guerra Civil española en seis bandas desenhadas

Atila-Metrópoles DelirantesAtila de Inacio e Iván Suárez

Estamos en febreiro de 1938, Castelao era deputado pola Fronte Popular e acompaña ao goberno da República na retagarda en Barcelona. A xornalista  Magda Donato entrevista ao político (publicada no nº 32 do magacín Mi revista) mais a súa conversa é interrompida polo bombardeo da aviación fascista italiana, diríxense ao interior dun refuxio antiaéreo onde o continúan a entrevista e Castelao lembra anécdotas da súa infancia na pampa arxentina. Para ilustrar o texto, e como agasallo para ela, Castelao entrégalle uns debuxos do libro, Atila en Galicia, no que o artista quixo plasmar as atrocidades e a masacre que se está a cometer durante a guerra.

Cuarta entrega desta serie editada por Demo editorial que debería estar sen dúbida en tódalas bedetecas.

Vencedor-y-vencidoVencedor y vencido de Sento Llobell

Sento Llobell é o autor da triloxía sobre Pablo Uriel, que remata con con Vencedor y vencido, o libro que pecha a triloxía que forma xunto a Un médico novato y Atrapado en Belchite,

Este conxunto de obras conta as vivencias de Pablo Uriel (sogro do autor), un médico recén licenciado ao que recrutan para ir ao fronte as forzas sublevadas e que logo é feito prisioneiro polos republicanos.
Unha serie de cómics ben interesantes que dan unha visión particular do conflito a través dos ollos dun home que aínda sendo de esquerdas foi mobilizado polo bando sublevado, que estivo en perigo de morte varias veces e que ao final como moitos outros foi vencedor e vencido dunha guerra na que realmente só gañou a barbarie do franquismo. Seguir lendo

Advertisements

Castelao por Xaime Lis (Día das letras Galegas 2016)

Coleccion-Castelao--Metrópoles DelirantesHai tempo viviu un home que era moitos á vez.  Foi emigrante, médico, teatreiro, escritor, debuxante, caricaturista, político, filósofo, pintor e moitísimas cousas máis.  Non o coñecín, e posiblemente ti, que les estas liñas, tampouco.  Pero el, hai unha chea de anos, xa pensaba en nós.  Falaba, escribía e pintaba para nós.  Mesmo sen sabelo.  E a min, dende cativo, semelloume que espreitar a súa obra, aceptar todo o que xenerosamente compartiu comigo, contigo, connosco, era un dos maiores tesouros que agochaba o feito de nacer e vivir nesta terra.

Chamábase Alfonso Daniel Manuel.  Era Castelao.

Hai uns anos un fedello lalinense, outro artista polifacético e grandísimo contador de historias, Inácio Vilariño, emperrouse en levar a vida (as vidas) deste rianxeiro ilustre á banda deseñada, concretamente a unha serie de libros que falasen del, da súa vida e da súa obra.  Atopou en Iván Suárez e no seu debuxo coidado e agarimoso un compañeiro de camiño perfecto.  E comezaron a súa andaina con Titoán, un álbum magnífico que levou, precisamente, o premio Castelao de banda deseñada  que outorga a Deputación coruñesa.  E que me deixou coa boca aberta.  Pola súa documentación, pola súa fluidez, polas súas cálidas ilustracións, pola súa economía de medios narrativa tan achegada á do autor de Retrincos, Cousas ou Sempre en Galiza.

Despois chegaron O pobre toloMáis alá! Atila, tres andares máis neste monumental proxecto, e agardo impaciente os seguintes catro volumes cos que Inácio e Iván pensan completar o seu documentado e xeitoso retrato.

Recoméndoche a súa lectura, a de calquera destes tomos coeditados entre Demo Editorial e Komic Librería, porque, ademais de ser unha obra moi ben construída e na que hai moito cariño investido, tes a posibilidade de descubrir moito sobre unha figura á que cómpre lembrar e agradecer, e que mellor xeito que a través das letras e dos debuxos.

Recomendación de: Xaime Lis. Libreiro na libraría Komic de Compostela e colaborador habitual das Metrópoles.

Recomendacións de bd para o Apalpador (I)

Comezamos con este unha serie de artigos nos que recomendaremos algunhas das bedes publicadas neste ano que nos parecen máis interesantes e que tendo en conta que estamos no mes do apalpador son un excelente agasallo. Podedes atopar os enderezos das tendas especializadas en BD na Galiza aquí.

antares-leo-metropoles-delirantesAntares – Leo.

Antares é o terceiro libro, tras Aldebarán e Betelgueuse, dunha das sagas de ciencia ficción máis interesantes da bd europea dos últimos anos que aquí publicase nun integral que recolle os seis volumes coa nova obra do brasileiro Leo.

Nesta ocasión a acción transcorre no planeta Antares, que a corporación Forward Enterprises quere colonizar, o planeta está habitado por unha fauna de exóticas e perigosas criaturas, a intervención de Kim Keller, a heroína dos ciclos anteriores, é imprescindible para acadar os resultados que agardan os directivos da corporación. Pero rapidamente a expedición tórnase en pesadelo e así dá comezo unha aventura chea de intriga, emoción e ritmo. Seguir lendo

Presentación de “Atila”, cuarto tomo da biografía de Castelao, en Lalín

Presentacion_atila-Metrópoles DelirantesMañán luns 13 de xullo, ás 20:30 horas no Museo Ramón María Aller de Lalín será a presentación de Atila, o cuarto tomo da biografía gráfica de Castelao.

Será para nós unha presentación moi especial xa que, ademais dos seus autores, Inacio Vilariño e Iván Suárez, e dos editores, Manel Cráneo (Demo Editorial) e Pío Barreiro (Komic Librería), nós tamén estaremos participando, e acompañados por un nome mítico do cómic estadounidense dos últimos corenta anos, José Luís García López, que moi amablemente aceptou o convite de participar neste acto para apoiar un dos proxectos máis interesantes e singulares da viñeta galega.

O acto será introducido por Nieves Rodríguez, que despois realizará xunto con Inacio unha lectura dramatizada dunha das pasaxes da obra.

Aquí un artigo sobre Atila na web de Komic.

Presentación dramatizada de “Atila”

CARTEL ATILA KOMIC-Metrópoles DelirantesA bd, un mundo sempre inquedo e creativo está a converter as presentacións de libros en actos artísticos por si mesmos, despois da presentación de Destino Hërgüss con concerto de Pülpikk Viaskköm e da performance de Kiko da Silva a pasada semana en Vigo, desta volta Demo Editorial e a Libraría Komic convocan este acto co que presentaran o cuarto número desta serie biográfica de Castelao.

O venres 15 de maio, a partir das 19:15 horas, celebraremos  a presentación de «Atila», cuarta entrega da Colección Castelao. Para a ocasión preparamos un evento moi especial, en Manso Restauranteun espazo máis amplo cá librería e máis axeitado para a representación dramatizada dalgún dos capítulos de Atila que teñen preparada os autores na compaña da actriz Teresa Rodríguez e o músico José Luís Dopico.  Despois haberá a habitual sesión de firmas.

Convírtese nun feito habitual presentar esta novidade como unha maneira de celebrar o Día das Letras Galegas, porque, agás Titoán (2012), premiado pola Deputación da Coruña, tanto O pobre tolo (2012) como Máis alá! (2013) saíron da imprenta nestas datas.

No Metrópoles Delirantes 31 tedes unha longa entrevista con Inacio o guionista da obra.

 

Metrópoles Delirantes 31 – Inacio

MD31-Metrópoles DelirantesVisítanos Inacio, o guionista da bd biográfica de Castelao que edita Demo Editorial e que vai xa pola cuarta entrega. O Sr B inscribe na lista de imprescindibles o Dublinés de Alfonso Zapico obra que gañou un premio nacional de cómic; e con Martín Romero parolamos sen presa do seu Episodios Lunares un libro bonito e ben editado. Coas novas da bd e as novidades que trae Javi da Libraría a Gata Tola completamos esta emisión.

Os temas que sonan no programa son:Castelao Episodios Lunares-Metrópoles Delirantes

  • Jimmy Cliff – The Harder They Come.
  • Nicolas Jaar – Keep Me There.
  • Cursi – Hoy, Hoy, Hoy.
  • Van Morrison – Rough God Goes Riding.
  • The Legendary Jim Ruiz Group – Last Time.
  • Rui Veloso – Top dos Tops.

http://www.ivoox.com/player_ej_4475766_2_1.html?data=lZmkl5yaeo6ZmKiakpaJd6Kkmoqgo5qUcYarpJKfj4qbh46kjoqkpZKUcYarpJK6x9nWaaSnhqeg0tTQqdSfpcrZy9fFstXZ1JCgk5KJe6Shrsrh1Iqnd4a2lNXczsrXb6XZzc7fw9PYqdShhpywj5U%3D&