Arquivo por etiquetas: Ilustratón

Ilustratón amoroso e pacífico

Hoxe inaugúrase o Ilustratón amoroso e pacífico na Tetereta (R/Cobian 2 Vilagarcía de Arousa) ás 19:00hrs.

Durante todo o mes de entroido estarán á venda unha interesante e selecta variedad de productos ilustrados como crachás, fanzines, postais, libretas, axendas, imáns, chaveiros, marcapáxinas, láminas, cerámicas e ilustraciones orixginais, tamén haberá un obradoiro onde se mesturarán as infusións da Tetereta coa ilustración, será o 10 de febreiro ás 19:00h e terá un coste de 6€ por participante.

Ilustradoras e ilustradores participantes: Paula Pereira, Flavia Lago B., Augusto Metztli, Aida Alonso, Duo, Marthazul, Fernando Prado, Yellice Rodríguez Ces, Lucía Romaní y Antía Sánchez.

Advertisements

Segundo Ilustratón en Vilagarcía de Arousa

Ilustraton2015O Ilustratón é un evento autoxestionadono e un experimento, tanto no formato como no espazo, e existe porque din os organizadores que o oficio de ilustrador é unha profesión pouco coñecida e pouco valorada, por iso existe o Ilustratón para amosalo traballo que fan os ilustradores e darlle saída, porque a ilustración tamén pode se un gran agasallo ou simplemente polo pracer e o “sano hábito de ver, gozar e mercar ilustracións”.

Neste evento poderemos achegarnos ó trabajo primixenio do ilustrador, aos bosquexos, ilustracións preliminares, e tamén a trabajos persoais que se poñen á venda cun un prezo unitario de 20€. Tamén haberá un mercadiño-exposición de obra editada e productos ilustrados durante tres semanas. Amáis o ilustratón incorpora outras actividades como a música  con Edu de Perfect Strangers,  contacontos para adultos a cargo do Colectivo Lareta, e tamén para cativos con Fátima Iglesia. E  dous obradoiros de ilustración, un dirixido a cativos e outro a adultos impartidos por Marthazul e Augusto Metztli. Seguir lendo

Día da Ilustración 2015

Dia_ilustracion2015Esta fin de semana, celebrase o Día da Ilustración, efeméride que se creou facendo coincidir a data co aniversario do nacemento de Castelao, e a (AGPI) Asociación Galega de Profesionais da Ilustración vai celebrar varios actos que incluen Actividades formativas, mesas redondas, propostas de debuxo ao vivo, exposicións ou xogos.

Esta celebración integrouse desde 2014 no Calendario do Libro e da Lectura da Xunta de Galicia. Nesta segunda xeira, todas as actividades serán en Vigo e  A Coruña.

Seguir lendo

Ilustratón

ilustratonVilagarcía de Arousa convértese durante caseque un mes no centro neurálxico da Ilustración. Nunha iniciativa privada sen apoio de ningunha institución, nace Ilustratón, un evento-experimento no que o obxectivo fundamental é achegar ó público o traballo dun ilustrador dende o seu inicio ata o resultado final.

Poderemos ver dende os bosquexos, ilustracións preliminares e traballos persoais ata o traballo editado tal e como queda para a súa posta a venda. Así mesmo organizarase, durante as tres semanas que dura o Ilustratón, un mercadillo-exposición de produto ilustrados.

De xeito paralelo organizarase un ciclo de talleres de ilustración tanto para nenos como para o público en xeral no que poderemos atopar todo tipo de actividades, dende obradoiros de contos de peto ata teatriños de papel e obradoiros de risoterapia e conta contos.

Tódalas actividades vanse desenvolver en Dalleqdalle coworking ubicado en Méndez Núñez, 2, 2a Planta, Vilagarcía de Arousa.

O Ilustratón pecharase o vindeiro catro de Xaneiro.

Seguir lendo