Arquivo por etiquetas: Ilustración

Curso de Ilustración de Jano no Museo de Arte Contemporáneo de Coruña

jano-metropoles-delirantesJano, o tiraboleiro maoir da revista O Botafumeiro vai impartir un curso de ilustración no MAC da Coruña. Neste curso vanse explorar as relacións entre esta disciplina artística e o relato escrito para realizar proxectos propios.

Partindo dun conto, canción ou artigo de opinión os participantes apenderán a preparar unha ilustración que acompañe e complemente ao texto dun xeito clara e atractivo, tamén como adaptar a imaxe ao formato e tamaño apropiados, as posibilidades narrativas e as técnicas e recursos que mellor se adapten as necesidades expresivas.

Contidos.
1. Antecedentes históricos e referentes contemporáneos da ilustración moderna.
2. Tipos e usos da ilustración editorial: cartelería, packaging e estampación.
3. Creación de conceptos e traducción á linguaxe gráfica.
4. Procesos metodolóxicos para a construcción de imáxes desde o bosquexo ata o arte final.
5. A cor e os seus efectos narrativos na percepción psicológica.
6. Introducción ás ferramentas e técnicas da infografía dixital (Photoshop, Illustrator e Manga Studio).

Máis información.

 

Advertisements

Biografía ilustrada de Le Corbusier

Corbusier-Metrópoles DelirantesNas Metrópoles somos seareiros dun podcast moi recomendable, adicado á arquitectura, chamado La morsa era yo, e por mediación deles chegamos a esta nova que relaciona os nosos pequenos mundos, a arquitectura e a bd.

Con motivo da conmemoración do quincuaxésimo aniversario da morte do arquitecto suizo, Le Corbusier, o magazine cultural francés Télérama adicalle un espacial. Mr Bidon (alcume do debuxante e ilustrador Vicent Mahe) foi o encargado de ilustrar a biografía do controvertido e xenial arquitecto.

Seguir lendo

Boreal. Un ano ilustrando con conciencia.

1 año de BorealBoreal é unha illa no mundo da ilustración, pois enche un espazo que ata hai un ano estaba baleiro, a opinión e a reflexión, de xeito independente, por medio do debuxo.

Boreal é unha web que ilustra a realidade, pero non dende unha atalaia, coma se o mundo non fora connosco, aquí hai implicación e opinión, os ilustradores debuxan os feitos da actualidade que consideran máis relevantes, coa intención de lembrar, reflexionar e deterse, polo menos 24 horas nun tema, nunha idea, illados da voráxine (manipulativa) informativa e visual destes tempos. En Boreal poñen a súa atención nas novas máis relevantes, non nas efémeras.

mierdacola_internetDespois dun ano oito artistas levan ilustrado 276 momentos onde tratan temas do máis variado, dende a política á relixión ou da sexualidade ata a música e aínda que é unha web de ilustración tamén hai sitio para textos de escritores tanto mexicanos coma españois.

Teñen un manifesto que podedes ler aquí.

Podedes coñecer máis acerca deste proxecto e axudar a financialo mercando os seus libros na súa web.

Tamén teñen twitter e facebook.

Parabéns e que sexan moitos máis!!!

Reportaxe ilustrado sobre Etiopía en Jot Down

bastida_850

Os de Jot down magazine publicaron hai unhas semanas unha reportaxe sobre Etiopía ilustrada por Ferran Esteve, a idea é magnifica e aporta unha información moi importante que complementa perfectamente o texto.

Un bo exemplo das novas formas de xornalismo e comunicación, e unha confirmación máis de que a bd é unha linguaxe tan adulta coma se queira.

Aquí o blogue de Ferran Esteve

Aquí o artigo na Jot Down