Arquivo por etiquetas: Hermann Huppen

Metrópoles Delirantes 46 – Miguel Porto

Allen-Metrópoles DelirantesRepasamos a todo filispín os premios de Angouleme, nunha edición con máis polémicas que un partido de futbol. O Sr B fai imprescindible Comanche, unha magnifica obra ambientada no Oeste norteamericano obra do recén premiado Hermann. Falamos longo con Miguel Porto, do seu último traballo para os  USA e da súa faceta docente no Garaxe Hermético de Pontevedra. Despedimos con Javi de A Gata Tola que ven coas novidades e todo salseado con música boa.
http://www.ivoox.com/player_ej_10272120_2_1.html?data=kpWfmZeVdpGhhpywj5WVaZS1kZWSlaaXdo6ZmKialJKJe6ShkZKSmaiRdI6ZmKiar8rYtoa3lIqvldXTsMbnjKnSzs7Wpc_oxtiYlpuRaZi3jrLS1teJh5SZo5jd0dHJt4y4xtHW1MbSuMbnjoqkpZKU&

As músicas desta emisión son:

  • Gipsy Kings – Hotel California.
  • Neu! – Hallogallo.
  • Siniestro Total – Me pica un huevo.
  • Ponderosa – Pistolier.
  • Solveig Sandnes – Mon ami de l´Ouest.
Advertisements

Hermann, Grand Prix de Angouleme 2016

Hermann1-Metrópoles DelirantesHermann naceu en Bélxica no ano 1938, é debuxante e guionista.

Aínda que non tiña ningunha intención de adicarse á bd, foi o seu cuñado Philippe Vandooren, redactor xefe da revista Spirou, quen o animou cando veu os debuxos que facía no seu traballo de decorador, así comeza a compaxinar o seu traballo matinal coma decorador co debuxo de cómics.

Coñece a Greg, que o convida a traballar a media xornada no seu estudio, logo dun tempo de aprendizaxe, comeza a publicar na revista Tintín a serie Bernard Prince con guión do propio Greg, co que tamén comeza, pouco despois, a serie Comanche. Seguir lendo