A terra quere pobo. Esta frase que ademais é o titulo dun libro, serve para ilustrar o que necesita a bd do país para se converter nun sector forte e capaz; público.
Serva esta pequena listaxe coma suxestión de agasallos para estas datas, é evidente que non están todas as obras pero pensamos que si está unha boa escolma ben representativa da variedade da bd galega (ou feita por galegos).
Toreromaus – Los Bravú.
Unha edición preciosa de Fulgencio Pimentel limitada a 250 exemplares e ben coidada para unha obra que sorprendeu pola frescura e audacia coa que Dea e Diego contan esta pequena aventura etílica.
Catalogo Oneroso de beleza gratuíta – Fran Bueno.
Fran Bueno acadou con esta obra o VIII Premio Castelao de bd, convocado pola Deputación da Coruña. Unha obra que é unha auténtica marabilla que merece a pena descubrir, sensibilidade e delicadeza, unha obra, no noso parecer, moi poética.