Arquivo por etiquetas: Gris

Metrópoles Delirantes 16 – O Botafumeiro

MD16_Ares-Metrópoles Delirantes

Debuxo de José Ángel Ares (@JoseAngelARES)

Na décimo sexta emisión das Metrópoles adiantamos o tema e o título do novo tebeo de José Ángel Ares e Josep Busquet, Independencia?. Entrevistamos a Simón Blanco, da librería Sindicato do cómic e membro da organización das vixésimo sextas Xornadas de bd de Ourense. O Sr B anota na súa lista de imprescindibles unha obra feita na terra, O Heroe de David Rubín. Con  Jano e a Rodrigo Cota, dous dos seus impulsores, falamos de O Botafumeiro a nova revista satírica que sae ó mercado neste mes de outono, e fanzineamos con Fernando Castro autor de Gris un traballo do que xa estamos impacientes por ver máis, as novidades desta volta veñen con Xaime Lis da Libraría Komic de Compostela, un home ó que da gusto escoitar e que contaxia o seu amor polos libros. Todo acompañado de música de calidade e tamén de saudade do Andrés

http://www.ivoox.com/player_ej_3617268_2_1.html?data=lJuemZeafI6ZmKiakpaJd6KkmYqgo5macYarpJKfj4qbh46kjoqkpZKUcYarpJK6x9nWaaSnhqeg0tTQqdSfpcrZy9fFstXZ1JCemJKJe6Shrsrh1Iqnd4a2lNXczsrXb6XZzc7fw9PYqdShhpywj5k.&

Andresdobarro

Advertisements

Fanzineando – Gris

Portada gris-Metrópoles DelirantesNo pasado Autobán, trouxemos un bo feixe de tesouros autoeditados que imos degustando ós poucos, o primeiro que lemos foi un fanzine que chama atención xa dende a portada, a obra é de Fernando Castro e leva por título Gris.

A portada de Gris e clara, limpa, moi elegante, unha gran masa de branco na que se debuxa un home de costas que leva unha palanca na man e que esta arrodeado de follas voando que aportan a nota de cor á unha portada que nos pareceu exquisita.

Fernando cóntanos, nesta primeira entrega, os primeiros pasos da historia dun home gris, metido en asuntos turbios e que parece superado pola súa vida familiar. O debuxo en branco e negro e matices de gris é claro, limpo, sinxelo pero con personalidade e forza narrativa. A historia, da que neste número só coñecemos o principio, ten gancho, lese ben, e as páxinas teñen unha boa distribución de viñetas e ritmo, ó único “defecto” e que nos deixa con ganas de ler máis.

A edición deste fanzine é impecable, ben rematado e ben impreso, e presentado nunha bolsiña que ven de marabilla para os coleccionistas.

Fernando é outro máis dos autores que veñen a confirmar que a bd galega está moi viva, que o camiño iniciado polos que hoxe son grandes figuras ten continuadores, e que a calidade é o selo distintivo no cómic galego.

Non quero rematar sen recomendar esta entrada no tumblr do Kike Benlloch e citar a súas verbas que para iso é un grande escritor de historias:

Agora Fernando, nom nos falhes e completa a história, nom abandones até concluir porque seria umha mágoa. E parabéns!