Arquivo por etiquetas: Goscinny

Cosey é o gañador do Grand Prix de Angouleme

Cosey_metropolesdelirantesEste mércores comezou o festival de Angouleme e fíxoo facendo público o nome do vencedor do Grand Prix que é o autor suízo Cosey, impoñéndose na votación aos outros dous candidatos, Manu Larcenet e Chris Ware.

Cosey é o nome artístico do debuxante e guionista Bernard Cosendai, é autor da coñecida serie Jonathan (Ponent Mon), que foi publicada dende 1975 na revista Tintín, tamén é autor de ‘El viaje a Italia’, ‘A la búsqueda de Peter Pan’ y de ‘Saigon / Hanoi’. Tal e como manda a tradición, Cosey presidirá a vindeira edición do festival. Seguir lendo

Advertisements

Novo álbum de Iznogoud en outubro

Iznogoud30“Iznogoud, de pai a fillo” será o título do álbum co que o malvado visir retorna con novas estrataxemas. Vil, baixo, desagradable, e brutal, o visir Iznogoud Nunca vai renunciar: Quere ser o Califa, no canto do Califa.

Este é o álbum, será o trixésimo desta serie de culto creado por dous grandes da banda deseñada europea, Goscinny e Tabary. Laurent Vassilian no guión e Nicolas Tabary (fillo do debuxante orixinal) no debuxo, son os encargados de darlle nova vida ó personaxe aínda que xa anunciaron que seguirán fieis ao espírito dos creadores. Este libro será o segundo da serie que farán, pois tamén son os autores do álbum anterior (Iznogoud presidente, 2012).

O libro sairá a venda o 8 de outubro en Francia.

 

Novo álbum de Astérix o 22 de Outubro de 2015.

Asterix_36-Metrópoles DelirantesOs irredutíbeis galos xa teñen data de volta ás librarías, despois do exitoso Astérix e os Pictos, editado en Galicia por Xerais, os personaxes creados por Goscinny e Uderzo estrearan nova aventura, que será a trixésimo sexta, o vindeiro 22 de Outubro.

Esta será a segunda aventura na que os guións e os pinceis estarán a cargo de Jean-Yves Ferri e Didier Conrad, que teñen a difícil tarefa de continuar con esta importante serie.

Astérix e os pictos, foi publicado el 22 de outubro de 2013. A primeira tirada francesa de dous millóns de exemplares na primeira semana, e vendeu en todo o mundo cinco millóns. Este álbum malia a ser excelente no debuxo no que Didier Conrad fai que non nos decatemos apenas do troco no lapis, non foi tan bo no guión, que defraudou sobre todo ós lectores máis esixentes.

Seguir lendo

Publicase o integral de Juan Pistola (Jehan Pistolet)

JuanPistola-Metrópoles DelirantesRené Goscinny e Albert Uderzo, son os autores do marabilloso Astérix, pero antes de crear ó irreductible galo, xa colaboraron creando en 1952 as aventuras de Jehan Pistolet ( Juan Pistola, na traducción hispana).

Agora a editorial Bruño, que xa editou nun só  tomo as aventuras de Umpa-Páh,  edita a que foi unha das primeras colaboraciones destes dous xenios da bd francesa.

Este integral inclue material inédito en España con extras coma artígos sobre a serie e os seus autores e orixinais.

Asterix: Le Domaine Des Dieux, primeiras imaxes

Astérix-La-Residencia-de-los-Dioses-Poster-1-Metrópoles Delirantes

Actualizado 3/7/2014: Teaser.

O novo filme de Astérix e Obélix levará por titulo Asterix: Le Domaine Des Dieux e adaptará o álbum “A residencia dos deuses”. Dirixida por Louis Clichy e Alexandre Astier, leva en produción dous anos. O filme estrearase en Francia no mes de santos de 2014.

A residencia dos deuses conta como Julio César para desfacerse do derradeiro foco de resistencia na Galia, decide construír unha cidade de vacacións para cidadáns romanos chamada ‘A residencia dos Deuses’ no bosque que arrodea á aldea de Astérix.

A residencia dos deuses trata, coa retranca típica de Goscinny, dous temas dos que xa se falaba na época na que foi escrito, a conquista dun pobo, non polo forza, senón mediante a aniquilación da súa cultura, a súa lingua e a transformación da súa economía, que se produce cando a comunidade perde os seus recursos naturais e chegan os romanos.

Por outra banda, Goscinny, fai unha intelixente e mordáz crítica á especulación e á burbulla inmobiliaria que non só fagocita a paisaxe de forma descontrolada senón que tamén altera a economía artificialmente e tamén de forma descontrolada. Retrata o guionista, con ollo certero, os cambios sociais que se producen na aldea gala, o introducir elementos externos que alteran o equilibrio social.

Nestes vídeos, unha reportaxe sobre o filme e un pequeno making of coas primeiras imaxes feitas públicas.