Arquivo por etiquetas: Fulgencio Pimentel

Lecturas para o verán (Parte 1)

Xa estamos no medio do verán e nas Metrópoles fixemos unha escolma das bedés, para nós, máis interesantes desta primeira metade do ano.

Toreromaus – Los Bravú (Ed Fulgencio Pimentel).

Con claras influencias dos mellores narradores da literatura galega coma Blanco Amor ou Castelao, os autores fan unha aposta arriscada pola innovación e a diferenciación, un libro con vocación de obra de arte en edición limitada de 250 ex.

Toreromaus-Metrópoles Delirantes

Pretty Deadly (en inglés) – Emma Rios, Kelly Sue DeConnick e Jordie Bellaire (Ed Image).

Un western con temática sobrenatural, unha obra mestra tanto no guión como na gráfica e que foi un gran éxito de vendas nos Estados Unidos, referendado con catro nominacións nos Eisner. Veñen de publicar o tomo que recompila o primeiro arco da serie (5 números) e no outono publicarase en español.

PrettyDeadly_03-1-Metrópoles Delirantes Seguir lendo

Metrópoles Delirantes 13 – Los Bravú

MD13-Losbravú-Metrópoles Delirantes

Dea e Diego, Los Bravú.

Voltamos ós fanzines, neste programa veñen os do Sacoponcho a contarnos como vai o proceso de creación do segundo número, o Sr B vai de visita ó zoo de inverno no que Jiro Taniguchi nos contou cousas da súa vida. E viñeron ata as Metrópoles Los Bravú, Dea e Diego, os autores más innovadores da bd nacional e tamén da española, e falamos de cómic e rimos moito con eles, todo con boa música e as novidades editoriaís que nos trae Javi da librería A gata tola.

Sorteamos un exemplar de “Rosa y Javier” siguenos e utiliza o hashtag #MD13abdnaradio Na vindeira cuarta feira (mércores) anunciamos gañador.

Ligazóns:

Los BravúFulgencio PimentelSacoponchoLuis YangXulia VicenteA Gata tolaO garaxe herméticoKiko da SilvaPresentación Toreromaus en Komic.