Arquivo por etiquetas: Fulgencio Pimentel

As lecturas do Sr B: Paciencia

Aquí en español.

Paciencia 1-Metrópoles DelirantesDaniel Clowes é un deses nomes que dende que comezas a ler cómics non paras de escoitar. Un grande, que se di en dialecto futboleiro. Non só iso, é probable que sexa dos poucos autores de banda deseñada que lles sona aos “desafortunados” que non gozan do cómic coma nós. A culpa desta fama fora do “mundiño” téñena algunha das súas míticas e magníficas obras anteriores, en particular Ghost world, da que hai unha película que acadou bos comentarios en público e crítica e que chegou a estar nomeada a un Oscar.

Desta volta o autor aposta forte, unha historia que comeza cun gran cambio que trae moita ilusión ás vidas da anódina parella protagonista, Jack e Paciencia, pero as cousas non son o que parecen e axiña Jack emprende unha obsesiva viaxe que o levará saltando no tempo adiante e atrás, do pasado ao futuro e viceversa, nun intento de conxurar as desgracias que atormentan a súa existencia.

Clowes mestura coa mestría dun barman hipster a intriga dun crime e a ciencia ficción dos viaxes no tempo, acadando unha psicodélica historia de amor, que non escapa do fastío vital e as vidas insatisfactorias típicas nas súas historias, nin da violencia sazonada de certa tenrura que tan ben manexa. Paciencia é unha obra peculiar, como todas as de Clowes, cun estilo moi recoñecible e persoal, un expoñente desa banda deseñada americana independente, alternativa e fondamente máis interesante que ás dúas fábricas de pezas estándar en forma de superheroes que son as grandes “majors”, Marvel e DC.

Paciencia 2-Metrópoles DelirantesO debuxo deste autor de liñas claras e definidas, cores planas e trazo elaborado é agradable a vista, sen grandes artificios nin un virtuosismo abraiante, sen buscar complexas estruturas gráficas, pero que neste libro loce as influencias pop e baña os cadriños con cores vivas e planas, sabiamente combinadas.

Un novo libro dun dos historietistas máis influentes e premiados das últimas dúas décadas, narrado cun estilo que citando a Lorca poderiamos definir como de “guante de seda e de mercurio”. Sensibilidade e sordidez, que nas súas propias verbas é: “Un viaxe mortal polo tempo e o espazo ata as esencias do amor eterno”.

Paciencia 2-Metrópoles Delirantes

Cinco anos levaba Clowes sen publicar unha obra longa (de feito é a máis longa das súas) e non podía escoller mellor compañeira de viaxe neste novo libro que á voluntariosa editora Fulgencio Pimentel, da que non podemos pasar por alto o excelente traballo feito na edición, cun formato perfecto, unha impresión pulcra e ben executada, e un prezo moi axustado (máis barato que a edición americana) e por si fora pouco, amais, publicada en España un mes antes que nos Estados Unidos.

Esta recensión foi publicada en maio de 2016 na revista Tempos.

Advertisements

Metrópoles Delirantes 51 – Marcello Quintanilha

tungsteno-portada-Metrópoles DelirantesVolven as revistas, chega Voltio a revista que coordinan Ana Oncina e Álex Giménez, e chega co respaldo de La cúpula. Falaremos con Ana e Álex desta nova proposta. O Sr B trae ó seu curruncho de imprescindíbeis o Vampir de Joann Sfar que na España editou primorosamente Fulgencio Pimentel. Marcello Quintanilha o autor do magnífico Tungsteno, premiado no último festival de Angouleme embarca connosco na dorna da bd para contarnos dos seus proxectos. Rematamos o programa con Javi, da libraría A gata tola de Compostela, que veu para contármonos das novidades máis interesantes e tamén para falar de libros con plastiquiños.

http://www.ivoox.com/player_ej_11205989_2_1.html?data=kpafkpqdfJqhhpywj5WVaZS1kZWSlaaVd46ZmKialJKJe6ShkZKSmaiRdI6ZmKiar8rYtoa3lIqvldXTsMbnjKnSzs7Wpc_oxtiYl5aRaZi3jrLS1teJh5SZo5jd0dHJt4y4xtHW1MbSuMbnjoqkpZKU&

As músicas deste programa son:

  • The Retrosettes Sister BAnd – You Got The Love.
  • Herbie Hancock – Oliloqui Valley.
  • Los Tamara – El Hombre Del Tiempo.
  • Eels – My Beloved Monster.
  • Undershakers – She´s Falling In Love With A Monster Man.
  • Jota – Una vez jure.

Los Bravú fan o cartaz do GRAF Madrid 2015

Graf 2015-Metrópoles DelirantesO GRAF, o festival de bd que vai alternando a súa sede entre Madrid e Barcelona, xa é unha das citas máis importantes do cómic na España, sen a mastodóntica estrutura de outros coma o Saló, ten a virtude de estar mais preto da realidade e do día a día da bd, unha cita que vai afianzándose ano a ano é que xa é dos preferidos dos autores e do público.

Nesta edición o cartaz do #GRAFMadrid2015 é obra dos nosos admirados, Dea e Diego, artísticamente coñecidos como Los Bravú.

Los Bravú, recen chegados dunha estancia de seis meses na maison des auteurs en Angoulême onde estiveron rematando o Portolouro unha historia da que publicaron unha primeira parte no recompilatorio Terry de Fulgencio Pimentel, ademais, e coñecéndoos de seguro que traballaron en mil cousas máis que iremos coñecendo ós poucos.

O #GRAFMadrid2015 será no Museo ABC os días 13, 14 e 15 de novembro.

 

Metrópoles Delirantes 26 – Fulgencio Pimentel

Perlas-Metrópoles DelirantesSi hai unha editora especial na bd española esa é Fulgencio Pimentel, paseniño, dende Logroño van enchendo andeis de libros preciosos e editados con mimo e criterio sobresaínte, falamos con Cesar Sánchez fundador e responsable desta editorial. O Sr B, vai ata Milano para facer imprescindible a Valentina, a bd de Guido Crepax que revolucionou, narrativas e temas na Europa dos setenta. Perlas del Infierno é o primeiro libro longo de Begoña García Alén que edita a viguesa Fosfatina, falamos con ela desta pequena xoia da bd da terra. Todo con música, moitas risas e algo de catarro.

http://www.ivoox.com/player_ej_4119173_2_1.html?data=lZaem5abd46ZmKiakpaJd6KkmIqgo5mZcYarpJKfj4qbh46kjoqkpZKUcYarpJK6x9nWaaSnhqeg0tTQqdSfpcrZy9fFstXZ1JCfmJKJe6Shrsrh1Iqnd4a2lNXczsrXb6XZzc7fw9PYqdShhpywj5U%3D&

Novidades de Fulgencio Pimentel para Novembro

Las cosas de la vida-Metrópoles DelirantesLAS COSAS DE LA VIDA (INTEGRAL)
Gérard Lauzier
Cartoné. 23,5 x 32 cm.
296 páxinas. Cor.
PVP: 36 €

 

 

 

 

Arsene Schrauwen2-Metrópoles Delirantes

ARSÈNE SCHRAUWEN II

Olivier Schrauwen
Colección Los Impronunciables
Rústica con sobrecuberta. 21,2 x 26,5 cm.
64 páxinas. Duas tintas.
PVP: 14 €

 

 

 

Máis información

Toreromaus

Toreromaus-Metrópoles DelirantesDea e Diego son dous rapaces novos que no momento que decidiron usar coma nome artístico Los Bravú xa estaban avisando que as suas escollas creativas non ian transitar polos camiños comúns que utilizan a meirande parte dos autores de cómic.

O Bravú é para moitos de nós, unha forma de afrontar a vida, é roncanrol, é poesía, é arte, é un estoupido de rebeldía canalizada da forma máis creativa.

Toreromaus é unha aposta valente, que sorprende xa dende fora, porque nada neste cómic é común, as capas están feitas co mesmo cartón no que os seus autores adoitan pintar e a encuadernación ten moito de artesanal.

Seguir lendo

Lecturas para o verán (Parte 2)

La entrevista. Manuele Fior (Ed Salamandra Graphic).

Un libro de ciencia-ficción lixeira. Fior gusta de contar historias de relacións humanas, o medo ó descoñecido e ós cambios son unha constante na narrativa deste autor que neste libro abandona a festa colorista que foi o anterior “5000 quilómetros por segundo” polo máis sobrio branco e negro.

La entrevista-Metrópoles Delirantes

I´m a hero. Kengo Hanazawa. (Norma Ed).

O manga sempre ten un atractivo especial, ten algo de efervescente. Éste apúntase á moda dos apocalipses zombis, e neste caso, Hanazawa, fai que os outros camiñantes non poidan máis que pecharse na casa mortos de vergoña.

Premios_Shogakukan-Metrópoles Delirantes

(Aínda que non comezaron a se publicar este ano “I´m a hero” e “Termae Romae”, ó ser unha serie si que continúan publicando números.) Seguir lendo