Arquivo por etiquetas: Frederik Peeters

As lecturas do Sr B: El olor de los muchachos voraces

Aquí en español.

elolordelosmuchachosvoraces-metropoles-delirantesO western coma o mecanismo dun reloxo suizo

Frederik Peeters é un dos grandes nomes da banda deseñada europea, o seu nome vai de xeito indefectíbel xunto ao “Pílulas azuis”, o libro que o fixo coñecido e no que con grande sensibilidade contaba como é convivir con alguén que é portador do virus da SIDA, e como afecta isto a unha familia, que amais, é a súa.

Comezou co pílulas unha carreira que non fai máis que medrar en calidade a medida que medra a súa produción, Peeters vaise superando con cada libro e variando de rexistro como poucos se atreven, da obra social á ciencia ficción ou desta ao policíaco, e agora, ao western. Seguir lendo

Advertisements

Metrópoles Delirantes 22 – Álvaro Ortiz

Lujo, calma y voluptuosidad-Metrópoles DelirantesDerradeira gravación do ano das Metrópoles que voltarán ó 12 de xaneiro, mais para compensar fixemos unha edición especial algo máis longa do habitual. Comezamos coas novas da bd a todo filispín e coa entrevista a Los Bravú, Dea e Diego, que marchan para Anguleme a rematar o Portolouro, entre outros proxectos, falamos e rimos a cachón. O imprescindible do Sr B é o “Píldoras azules” de Frederik Peeters, un libro que é pura sensibilidade e que aínda sen pretendelo axita conciencias. Tamén nos visitou Álvaro Ortíz para falar de Murderabilia, o seu novo libro que ven de editar Astiberri, e aproveitamos para falar de máis cousas, de gatos, de buscadores de internet e ata de pintores italianos. Rematamos coas novidades e no final Javi de A Gata Tola e o Sr B recomendan algún dos libros que máis lles aquelaron deste ano.

http://www.ivoox.com/player_ej_3884278_2_1.html?data=lJ2llpebfI6ZmKiakpaJd6KlmIqgo5mccYarpJKfj4qbh46kjoqkpZKUcYarpJK6x9nWaaSnhqeg0tTQqdSfpcrZy9fFstXZ1JCflJKJe6Shrsrh1Iqnd4a2lNXczsrXb6XZzc7fw9PYqdShhpywj5U%3D&