Arquivo por etiquetas: Figurando Recuerdos Edicións

As lecturas do Sr B: Muuh No prado das vacas

Aquí en español.

Muuh1-Metropoles delirantesHoubo un tempo no que Galicia foi o país do millón de vacas, e si non foi na realidade si foi naquel magnífico libro de Manuel Rivas. É ineludíbel a relación de Galiza coas vacas, co campo, coa natureza e coas “forzas telúricas”, por iso esta banda deseñada que nos trae unha pequena editora, Figurando Recuerdos Edicións, parece feita pola man dun galego, aínda que detrás do seudónimo Troubs agochase o francés Jean-Marc Troubet.

Neste libro non hai unha historia definida de estrutura clásica ordenada en tres actos, non, máis ben o que hai é dúas narrativas ben diferenciadas. A do personaxe humano que (moi probablemente) é o propio autor, unha parte que ten máis de libro ilustrado que de bd, retratos de vacas mesturados coas reflexións e elucubracións sobre os animais. Esta parte, máis realista e máis pictórica, entra en dialogo coa parte na que as vacas cobran conciencia de si mesmas, a parte de cómic máis ao uso, na que o autor caricaturiza aos animais para mostralos afables, bondadosos e mesmo “ben mantidos”. Esta parte do libro é a máis surrealista, cunha humanización das propias vacas que percorren as lindes da reflexión ecoloxista e que mesmo filosofan sobre as enerxías. Seguir lendo