Arquivo por etiquetas: Fanzines

No Tengo Mamá 2018

O festival No Tengo Mamá, de artes gráficas e musicais na súa vertente menos comercial chega á cuarta edición, celebrarase como cada ano na contorna do MARCO. Entre os obxectivos que se marcan nesta edición están os seguintes:

    • Crear un punto de encontro para que artistas e colectivos poidan difundir a súa obra e intercambiar experiencias.
    • Dinamizar a escena cultural da nosa cidade e que todas as persoas coñezan e conecten con outras formas de entender a arte e a cultura.
    • Qué sexa unha experiencia interesante e divertida.

 

As actividades que teñen preparadas este ano son:
(Todas as actividades son de balde). Seguir lendo

Advertisements

Catro fanzines en galego e un murciano

(∞ -1). Xulia Pisón.

XuliaPisonNeste fanzine recompílanse catro historias (incluída a Gañadora do Premio Xuventude Crea da Xunta de Galiza no 2015) nas que Xulia amosa o seu potencial creador. Cun estilo que cabalga entre o clasicismo europeo e o manga, Xulia é en opinión deste que asina, un dos máis firmes valores da Nova Banda Deseñada Galega.

Aquí falamos con ela deste fanzine.

Dorotea. Cristian F. Caruncho.

Dorotea-Cristian1Cristian é outra das realidades da Nova BDG aínda que é moi novo leva xa anos debuxando e autopublicando as súas historias. Un autor certamente interesante cun universo propio con fondas raíces na súa terra, Ortegal. A obra de Cristian bebe da realidade do rural galego en temáticas e personaxes cunha clara mensaxe a prol da vida no rural e do respecto á terra. Este Dorotea segue esas premisas para, nunha breve pero emotiva historia, achegarnos a realidade do rural do noso País cada vez máis esquecido e abandonado a súa sorte. Seguir lendo

Convocatoria do Autobán 2018

Autoban 2015-Metrópoles DelirantesOs días 10 e 11 de agosto celebrarase a edición deste ano do Autobán, o festival coruñés de banda deseñada autoeditada. O Festival pretende recoller as propostas creativas de fora do circuíto comercial, dándolles difusión e un espazo propio onde amosar, promocionar e vender este tipo de proxectos.

No Autobán teñen cabida ás propostas de BD autoeditada, pero tamén a pequenas iniciativas editoriais de corte independente e as propostas de autoedición relacionadas coa creación gráfica. Seguir lendo