Arquivo por etiquetas: Exposición

BDG70: a revolta do cómic galego

bdg70_1-metropoles-delirantesHai algo máis dun ano Xulio Carballo presentaba a súa tese doutoral, Para unha historia da Banda Deseñada Galega: a narración a través da linguaxe gráfico-textual, un excelente texto para entender o traballo e o contexto dos primeiros autores de BD do país, e tamén a primeira tese centrada na nosa BD,  agora, grazas á colaboración e apoio da UDC e a Deputación da Coruña e ao empuxe do propio Xulio, de Manel Cráneo e Demo Editorial “a verba fíxose carne”.

Onte inaugurouse na Sala Normal da Coruña a mostra BDG70: a revolta do cómic galego. Unha exposición na que se poderán contemplar os orixinais da BD galega deses anos setenta, obras de 27 autores como Reimundo Patiño, Xaquín Marín ou Chichi Campos, entre outros, que volven a luz despois de moitos anos de esquecemento.

bdg70_2-metropoles-delirantesA mostra recolle as obras e documentos máis importantes e característicos do nacemento contemporáneo da banda deseñada Galega, que tería precisamente unha das súas primeiras exposicións na Sala Normal hai 43 anos. Poderemos comprobar e admirar a riqueza e variedade temática, das técnicas artísticas e dos diferentes formatos.

Esta exposición reivindica a gran cantidade de artistas que nos derradeiros alentos do período ditatorial utilizaron a BD como medio de expresión do seu pensamento, e fixérono amais na nosa lingua.

bdg70_3-metropoles-delirantesManel Cráneo, Xulio e o seu equipo fan con esta mostra un importantísimo labor de posta en valor, reivindicación e homenaxe aos pioneiros desta arte que non só é merecido polo seu valor como pioneiros senón pola indiscutíbel calidade do seu traballo e a dimensión simbólica e reivindicativa que non renunciou a vangarda artística.

Probablemente esta sexa a exposición de BD máis importante das feitas en Galiza, que agardamos poidamos ver nas diferentes cidades do país.

Furia al desnudo: los lápices de David Rubín (Exposición)

Expo Rubín-Metrópoles DelirantesA Fundación Seoane acolle a exposición Furia al desnudo: los lápices de David Rubín, un proxecto expositivo que reúne 50 orixinais a lapis de dúas das súas obras mais recentes: Beowulf e El momento de Aurora West.

Estes orixinais amosan a forma de crear de Rubín, o traballo cru, a primeira pedra dunha bd, pódese apreciar neles as anotacións e ata os erros e correccións do autor. a primeira capa do laborioso traballo que é facer un cómic. Ademais estarán expostas unha boa escolma da colección privada de figuras de Rubín, a meirande parte de superherois.

Esta exposición forma parte do Festival de Cinema Fantástico da Coruña FKM, que terá lugar entre o 26 de outubro e o 1 de novembro