Arquivo por etiquetas: Entrecómics cómics

A propósito de Entrecómics

Aquí en español.

Esta semana un pequeno terremoto sacudiu os alicerces da comunidade da banda deseñada en internet, o peche da web de Entrecómics. Tan mala nova, coma a priori, inesperada.

Entrecómics remataba de cumprir dez anos, neste tempo fíxose unha das webs de cabeceira de calquera seareiro da BD, bo contido e bos colaboradores, deseño moderno e razoablemente ben actualizada. Porén hai que entender que o mundo da internet é así, multiplica exponencialmente a velocidade da vida real, todo vai máis rápido na rede, moito máis, uns proxectos morren pero nacen outros, porque claro está a rede brinda unha oportunidade “de la hostia” para facer cousas que aos que vivimos nun mundo pre internet tennos tan marabillados como asustados. Seguir lendo

Advertisements

Metrópoles Delirantes 38 – Magius

Finnegans-Metrópoles DelirantesMagius é autor de Murcia, unha das bedes que nos pareceu das máis sorprendentes do ano, con humor e ironía asistimos a unha Semana Santa moi peculiar na terra de Maritrini. Nos imprescindibles, o Sr B lembra unha bd transgresora e rebelde dos oitenta, Ranxerox. Voltamos co fanzineo para falar de Foster edicións, unha mini editorial con sede en Ourense que xa está traballando arreo editando fanzines. E para rematar, dende o Sindicato do Cómic de Ourense achegouse Simón, coas novidades máis interesantes. E con temazo final, para unha road movie!

 

http://www.ivoox.com/player_ej_8495475_2_1.html?data=mZmml5mbeY6ZmKiakpaJd6KkkYqgo5eUcYarpJKfj4qbh46kjoqkpZKUcYarpJK6x9nWaaSnhqeg0tTQqdSfpcrZy9fFstXZ1JCgmpKJe6Shrsrh1Iqnd4a2lNXczsrXb6XZzc7fw9PYqdShhpywj5U%3D&

murcia-Metrópoles DelirantesAs músicas desta emisión, son:

  • Sigue Sigue Sputnik – Love Missile f1-11.
  • Kruder & Dorfmeister – Rollin’ On Chrome (Wild Motherfucker Dub).
  • Kula Shaker – Start all over.
  • The Wombats – Let’s Dance To Joy Division.
  • León Benavente – Ser Brigada.