Arquivo por etiquetas: Enquisa

Resultados da enquisa da BD

Publicamos os resultados da enquisa que fixemos a primeiros de ano.

Pódese ver aquí

Algúnhas das conclusións son estas.

  • Len bd máis homes que mulleres.
  • Tres cuartas partes das lectoras e lectores de bd somos usuarios das bibliotecas públicas.
  • Case un 40% merca bd cada mes.
  • Case a metade dos e das que mercan bd, adican entre 10 e 25€. A novela gráfica domina o mercado.
  • A calidade é moito máis importante que o prezo.
  • Un 25% dos lectores de bd afirman que mercan  libro electrónico, mais o 100%  manifesta mercar maoiritariamente en papel.
  • A maioría NON descarga cómics sen pagar.
  • O límite “razoable” de prezo está nos 25€.
  • Adoitase ler maioritariamente en español, mais a metade dos lectores prefíre ler en galego .
  • Os novos medios (web, podcast, rrss) son os empregados para informarse fronte os tradicionais (Tv. radio, xornais).
  • A metade dos lectores escoitan algún podcast.
  • A totalidade das respostas opinan que a información nos medios tradicionais é insuficiente ou mala.
  • A oferta de bd en galego é insuficiente e case a metade preferiría mercar en galego se houber edición en ambos idiomas.
  • Outro salón do cómic en Galiza tería gran aceptación.
  • O 95% pensa que a Xunta de Galiza non apoia/promociona en absoluto á BD galega.

Nalgunhas respostas admitíanse as respostas múltiples, nesas, os porcentaxes non suman correctamente. (Cousas de Google).

Advertisements

Ti, o manga e o anime, e Xapón

José Andrés, un bo amigo e colaborador das Metrópoles está na Universidade de Kyoto traballando e envíanos esta enquisa sobre o manga e o anime. Animádevos a participar neste estudo universitario.

https://www.soscisurvey.de/Manga/

A enquisa «Ti, o manga e o anime, e Xapón» forma parte dun Proxecto de Investigación Sociolóxico Internacional sobre cómic e animación xaponesa e os seus afeccionados. Un equipo de investigadores, baixo o nome de “Manga Network”, leva traballando dende o ano 2006 nun proxecto de análise comparativa acerca da imaxe e nocións que se teñen sobre Xapón, tanto entre afeccionados como non afeccionados do manganime en diferentes países. O obxectivo de esta investigación é comparar as experiencias e a especificidade do público de diferentes países sobre o manga e o anime, así como os seus coñecementos e opinións sobre Xapón. A enquisa está dirixida tanto a afeccionados coma a non afeccionados do manga e o anime en España, sen límite de idade. Xa se realizou con éxito noutros catro países europeos (Alemaña, Italia, Suíza e Francia) dando resultados sorprendentes.

O Investigador Principal deste proxecto é o Dr. Marco Pellitteri, un sociólogo italiano que actualmente desenvolve a súa actividade na Universidade de Kobe (Xapón). Este estudo conta co el apoio económico da JSPS (Japanese society for the promotion of science [Sociedade Xaponesa para a Promoción Científica]). O Dr. Pellitteri é autor de varias monografías sobre manga e anime en Europa, así coma de numerosos ensaios e artigos no ámbito da socioloxía. Para a posta en marcha en España conta coa colaboración de José Andrés Santiago, investigador da Universidade de Vigo, investigador pos doutoral invitado na Facultade de Manga da Universidade Kyoto Seika (Japón) e membro da ACDCómic (Asociación de Críticos y Divulgadores de Cómic de España).

La enquisa estará a dispor a partires do 15 de Outubro. Calquera que o desexe pode respostar á enquisa nesta ligazón: https://www.soscisurvey.de/Manga/

¡Animádevos a participar!