Arquivo por etiquetas: Elisa McCausland

36 Salón Internacional del Cómic de Barcelona

O 36 Salón Internacional do Cómic de Barcelona, comenzará esta quinta feira día 12 e decorrerá até o domingo 15 de abril. Nesta edición ocupa un espazo duns 50.000 metros cadrados e conta con 180 expositores.

Este anos introdúcense novidades para ampliar o seu público, unha destas novidades é o espazo Comic Kids, unha gran área que da prioridade á divulgación da banda deseñada entre os máis cativos, e as familias; un espazo lúdico onde se aprender técnicas de debuxo, guión, leer cómics e xogar.

O programa de exposicións inclúe unha mostra dedicada aos 45 años de Superlópez, o popular superheroe creado por Jan, autor do cartel de esta edición e que, según Antoni Guiral, comisario xeral das exposicións, “ao longo de 60 anos de profesión demostrou ser un historietista excepcional”. O Salón do Cómic tamén lembrará as revistas españolas de cómics para adultos aparecidas entre 1978 e 1992 na mostra antolóxica Las revistas del boom del cómic (para adultos), que presentará o traballo tanto dos autores españois coma daqueles que se estableceron no estado e que protagonizaron “un fenómeno que cambiou a industria da historieta española”. Seguir lendo

Advertisements

Metrópoles Delirantes 71 – Elisa McCausland

Logo2015_AutorasComicAbrimos coas novas da BD, a todo filispím. Volvemos a embarcar a Zapi que ven cos seus tebeos xurásicos, desta volta un clásico da viñeta española, o Capitán Trueno. Con Elisa McCausland falamos de feminismo e crítica, mais tamén do labor do Colectivo de Autoras Cómic, da que foi impulsora. Rematamos coas novidades que trae Javi, dende a libraría A gata tola de Compostela.

As músicas desta semana son:

  • Los Bravos – Bring a little lovin´.
  • Cowboy Junkies – Sweet Jane.
  • Asfalto – Capitán Trueno.
  • Pizzcato five – Party Joke.
  • Lauryn Hill – Forgive them father.
  • Golpes Bajos – Fiesta de los Maniquíes.