Arquivo por etiquetas: El invierno del dibujante

Metrópoles Delirantes 25 – Mamen Moreu

resaca-mamen-moreu1-Metrópoles DelirantesVixésimo quinta emisión das Metrópoles, cumprimos un ano, e para celebralo falamos cunha muller de risa contaxiosa, que nos namorou en segundos; Mamen Moreu, a autora de Resaca, un divertidísimo libro no que conta a vida de Marcela, e con moito humor vainos colando unha aceda reflexión sobre o futuro dunha xeración. O Sr B volve a viaxar no tempo para aterrar na Barcelona de finais dos anos cincuenta, o imprescindible desta volta é El inverno del dibujante de Paco Roca.Nieves Rodríguez-Radio-Metrópoles Delirantes JotaToys é unha tenda online de merchandising e memorabília que fundou hai uns meses en Vigo, Jota de Juan, falamos de figuriñas e comercio online con él. Ao comando das novidades voltamos a ter a Xaime Lis, unha eminencia na bd ó que sempre é un gusto escoitar. Todo ben aderezado con tonadas ben ye-yés e un final escollido polo mesmísimo Sr B.

http://www.ivoox.com/player_ej_4056495_2_1.html?data=lZWimJmdeY6ZmKiakpaJd6Kkk4qgo5qdcYarpJKfj4qbh46kjoqkpZKUcYarpJK6x9nWaaSnhqeg0tTQqdSfpcrZy9fFstXZ1JCfl5KJe6Shrsrh1Iqnd4a2lNXczsrXb6XZzc7fw9PYqdShhpywj5U%3D&

Advertisements