Arquivo por etiquetas: El ala rota

Metrópoles Delirantes 69 – Altarriba e Kim

El arte de volar-el alar rota- metropoles delirantesAbrimos coas novas da BD, a todo filispím, pero de verdade a todo filispím. Nos imprescindíbeis, o Nausicaa de Miyazaki, un manga excelente que deu nunha película ben coñecida. Poñémonos en pe para recibir a Antonio Altarriba e Kim, gañadores do premio nacional de cómic e autores dos excelentes álbumes, El arte de Volar e El ala rota, nunha conversa longa, na que falamos de BD, de Barthes e mesmo un pouco de política. No final, as novidades que trae Xaime, dende a libraría Komic de Compostela.

(Queremos agradecer a Javier Pintor e á UNED as facilidades que nos deron para poder grabar esta entrevista).


As músicas desta emisión son:

  • Birkin & Gainsbourg – 69 annee erotique.
  • Shostakovich – Sinfonía nº 10 (II. Allegro).
  • Antónia Font – S’Alegria des Conill.
  • Pizzicato Five – Tokyo, mon amour.
  • My Little Airport – Edward, Had You Ever Thought That The End Of The World Would Come On 20.9.01.
Advertisements

As lecturas do Sr B: El ala rota

Aquí en español.

capa-el-ala-rota-metropoles-delirantesO duo creativo que forman Antonio Altarriba e Kim recibeu no ano 2010 o premio nacional de cómic con El arte de volar, unha excelente, densa e dura obra na que narraban a vida do pai do primeiro. O propio Altarriba explica no epílogo deste libro que chegou a conclusión de que non lle fixera xustiza a súa nai, que como é evidente, estaba, mais non se afondaba na súa historia vital.

Como tódalas mulleres desa época, Petra, que así se chamaba, era unha muller calada, sufrida, traballadora e espelida, máis tan discreta que o seu propio fillo descubriu a súa minusvalía (non podía estirar un brazo) no seu derradeiro suspiro.

Petra como moitas mulleres daquel tempo, case non tivo infancia, e pasou a xuventude coidando dun pai que a quixo matar ao nacer e que foi de mal en peor dende aquel día. Ao falecer o pai marcha a Zaragoza onde entra a servir na casa dun Xeneral do exercito Franquista, nesa casa é testemuña muda das reunións segredas do militar, e das cospiracións dos monarquicos (que os había) do exercito do dictador. Da casa do Xeneral saiu para casarse, tivo un só fillo, e unha vida caseira. Rematou os seus días nunha residencia e foi xa no seu leito de morte onde o seu fillo descubre o pouco que sabe da vida da súa nai. Seguir lendo