Arquivo por etiquetas: Dolmen Editorial

Baños Pleamar | Isaac Sánchez

  • Título: Baños Pleamar.
  • Autor: Isaac Sánchez.
  • Editorial: Dolmen editorial.
  • Lugar: Palma de Mallorca.
  • Ano de edición: 2022.
  • Número de páxinas: 224.
  • Prezo: 24,90€.

Esta historia non está baseada en feitos reais. Todo o contrario, son lembranzas

Isaac Sánchez fíxose coñecido coa súa outra faceta pública, a de youtuber. Si xa sei, en principio sona mal que outro destes gurús da charlatanería dixital publique un cómic. De feito, non podemos (nin debemos) esquecer aquel lixo infecto en forma de banda deseñada que promoveu (pagou, que non creou) un dos máis populares destes telepredicadores douspuntocero. Sorprendentemente –si recoñezo o meu prexuizo– a obra de Isaac ten moita calidade e é un cómic con maiúsculas.

A historia sucede na Badalona dos años 90 cunha costa tan contaminada que na primeira liña de praia existía un peculiar tipo de negocio que consistía en locais que eran a un tempo restaurante e piscina, de xeito que os veraneantes podían tomar o sol na praia e bañarse nas piscinas destes chiringuitos. Un destes establecementos foi propiedade –e vivenda– da familia de Isaac.

Seguir lendo
Advertisement

Fuera Borda reeditará clásicos da bd Franco-belga

Hombrecitos1-Metrópoles DelirantesDolmen editorial pon en marcha o selo Fuera Borda, en lembranza da mítica cabeceira franco-belga aparecida na década dos 80, coa que reeditaran clásicos da bd franco-belga en edicións integrais que serán mensuais.

En 2013  publicaron as aventuras de  Johan y Pirluit nunha colección de integrais, despois de anos desaparecidos das librerías españolas, neste mes de setembro aparecerá o primero dos volumes de Los Hombrecitos de Seron y Desprechins, unha saga de humor e ciencia-ficción que será publicada de forma cronolóxica, onde os protagonistas son os habitantes dun pobo que verán reducida a súa estaura a escasos centímetros despois da caída dun meteorito. A continuación, iran publicando outros cómics, coma o primeiro integral de Natacha, do debujante belga François Walthéry, o primeiro integral de Quena y el Sacramús, creado por Gos (Roland Goossens).