Arquivo por etiquetas: Dibbuks

As lecturas do Sr B: De tripas y corazón

Aquí en español.

Abstenerse hipocondríacos.

DeTripas 1- metropoles delirantesEste libro recibiu o premio especial do xurado no pasado festival de Angoulême, con todo merecemento. Pozla, o seu autor, descubre con 29 anos e tras unha hospitalización de urxencia que o «alien» (así o define el mesmo) co que leva anos convivindo é a enfermidade de Crohn, un mal crónico e grave do aparato dixestivo que cambia totalmente a súa vida e a da súa acabada de crear familia. Pozla cóntanos o camiño que vai percorrendo dende aquela primeira hospitalización de urxencia. As visitas a galenos, os distintos diagnósticos polos que pasa ata que descobren o que realmente padece, e por riba de todo, como é vivir cunha enfermidade que lle fai padecer grandes dores e períodos de hospitalización longos nos que usa o debuxo como terapia para mante-la esperanza de vencer nunha loita contra o seu propio corpo. Seguir lendo

Advertisements

El infierno del dibujante de Kiko da Silva editado por Dibbuks

Infierno dibujanteKiko da Silva ven de  anunciar a publicación do cómic “El infierno del dibujante” có que o ano pasado gañou o premio Castelao de BD da Deputación da Coruña, vaino publicar Dibbuks como novidade para o Salón do cómic de Barcelona, ás librarías chegará a finais de Abril.

Nesta edición haberá textos de Miguelanxo Prado, Carlos Portela, Ángel De La Calle e Antoni Guiral Conti.

É unha magoa que a Deputación da Coruña máis de seis meses despois do fallo aínda “non tivera tempo” de editar a versión en galego.

Sinopse:

Manuel Pardo é un debuxante de 72 anos que leva toda a vida adicándose a crear historietas… pero a pesar da súa versatilidade e destreza co lapis, nunca foi quen de publicar ningunha. Cada vez que crea unha historieta descubre que alguén se lle adiantou e publicou unha semellante á súa. Pero o incansable Manuel seguirá tentando ser o máis rápido para lograr que lle publiquen algún dos seus cómics…

Formato: 24,5 cm x 32, 5 cm en Cartoné.

64 páxinas a cor.

Prezo: 16 euros.

Aquí un pequeño adianto.

Dibbuks editará (todo) Spirou dende 2015

spirou_munuera-Metrópoles DelirantesA editora española Dibbuks anuncia que editará todas as aventuras de Spirou, un dos grandes personaxes da bd belga.

Dibbuks incorporará o seu catálogo tódolos libros, incluidos os integrais e material inédito en España. Será a partires de febreiro de 2015 e publicará catro títulos por ano, o formato desta edición será a cor e idéntico ó orixinal de Dupuis. Ademáis dos títulos inéditos a editorial contará con novas traduccións para os clásicos.

Spirou foi creado en 1938 por Rob-Vel (Robert Velter) para a revista Le Journal de Spirou, pero quen o converteu nun éxito foi André Franquin. Entre os autores que o debuxaron tras Rob-Vel están grandes da bd franco-belga como Jijé, o citado Franquin, ou contemporáneos como Schwartz ou o español José Luis Munuera.

Sen dúbida unha excelente nova.

Bitcoin: A caza de Satoshi Nakamoto

Bitcoin-Metrópoles DelirantesA editorial Dibbuks publicará “Bitcoin: La caza de Satoshi Nakamoto”.

O cómic foi presentado en Londres, o 10 de xullo, no CoinSumm.it, a conferencia sobre Bitcoin, aínda que a primeira edición chegará ás librerías españolas en outubro.

Os personaxes desta bd, debuxados por José Ángel Ares, con guión de Josep Busquets e A. Preukschat contan os mitos e realidades da moneda virtual Bitcoin, ten 112 páxinas bitono que trasladarán ó lector a unha aventura chea de acción, na que mafia, servicios secretos, medios de comunicación e cidadáns, crúzanse para capturar a Satoshi Nakamoto.

Captura de pantalla 2014-07-17 a la(s) 00.24.21