Arquivo por etiquetas: David Rubín

O lume | David Rubín

  • Título: O lume.
  • Autor: David Rubín.
  • Editorial: Demo Editorial.
  • Lugar: A Coruña.
  • Ano de edición: 2022.
  • Número de páxinas: 256.
  • Prezo: 35€.

O lume nunca se apaga

Non imos descubrir a estas alturas do conto a Rubín, unha forza da natureza no humano e no artístico. Imposíbel non sucumbir á súa arte, á plasticidade dos deseños, á capacidade compositiva, á cinemática, a ese uso tan persoal e excepcional da cor. En resumo, á cultura comiqueira que condensa cada páxina.

Unha década após da publicación do Heroe, unha das mellores obras da BD feitas no estado español, o David volve a asinar unha obra como autor completo. O resultado é un cómic valente, denso, duro, excesivo, emocional e barroco. Rubín abre as carnes, saca das vísceras un guión que fala de destrución e de inxustiza, de poder e culpa, do mundo cada día máis turbo-capitalista e ultra-clasista que nos trouxo este demo da dixitalización, as megacorporacións e os macrodatos. Sen dúbida é unha obra moi persoal dun autor magnífico que está nun momento de madurez lúcida e virtuosa. É, tamén, unha obra complexa a todos os niveis na que se destapan as esencias do Rubín máis literario e intimista para construír unha distopía tan real e pesimista que queima. 

Seguir lendo
Advertisement

El Fuego, a vindeira obra de Rubín, publicarase en galego

David Rubín é un autor prolífico como poucos mais dende El Héroe non publica unha obra na que el sexa o autor integral. Logo de moitos anos traballando con distintos guionistas, o ano pasado anunciou que estaba traballando en El Fuego, unha obra que definiu como “das obras máis persoais que fixen e tamén das máis duras” na que recuncará como autor e debuxante.

Seguir lendo

En Francia os debuxantes cobrarán polas sesións de sinaturas nos festivais

A ministra francesa de Cultura, Roselyne Bachelot-Narquin, anunciou o pasado marzo que puxo en marcha un plan que contempla a remuneración dos debuxantes polas sesións de sinaturas nos festivais. A disposición foi asinada polo Ministerio de Cultura xunto co Centre National du Livre (CNL) e varios sindicatos. Asi mesmo o plan tamén foi asinado por dez festivais de banda deseñada que, a partir deste ano, serán os primeiros en pagar aos autores: BD à Bastia; Rencontres du 9e art; Rendez-vous de la BD Amiens; Lyon BD festival; Festival Fumetti; Formula Bula; Festival Quai des bulles; BD Boum; Festival BD de Colomiers; Festival International de la Bande Dessinée d’Angoulême.

Seguir lendo

Sacrificio e Ascensión. Quince anos de cómics de David Rubín

Mañá día 3 deste mes de santos inaugúrase na Sede Afundación da Coruña a exposición Sacrificio e Ascensión. Quince anos de cómics de David Rubín. Unha mostra antolóxica que percorrerá as distintas etapas do creador ourensán, dende os seus primeiros traballos até o máis recente. A entrada é de balde.

A traxectoria de David Rubín é realmente impresionante, combinando os traballos de autoría propia coas colaboracións con importantes guionistas leva anos nun continuo ascender, tanto na calidade dos seus traballos coma do éxito de pública e crítica. Actualmente é un dos autores máis importantes no panorama internacional da Banda Deseñada.

Nesta exposición poderemos gozar de máis de 230 pezas que debullarán as súas obras dende O salón de te do oso malaio até a inédita Fuego, o seu último proxecto aínda en desenvolvemento que verá a luz proximamente.

A mostra ten, ademais, un lado solidario, xa que logo, enmárcase na iniciativa Cultura por alimentos que pretende achegar alimentos de primeira necesidade aos bancos de alimentos locais polo que se pide a colaboración dos visitantes.

Nas actividades previstas está a visita guiada inaugural ás 19.00  aprox. para a que é preciso anotarse neste formulario e unha sesión de asinaturas de bandas deseñadas o día 4 de 17.00 a 19.00 aprox.

Viñetas desde o Atlántico 2018

Vinetas-2018-Metropoles-delirantesPresentouse na Coruña a edición 2018 do Salón Internacional do Cómic Viñetas desde o Atlántico que levantará o pano o luns 6 de agosto e fará da cidade unha gran banda deseñada até o domingo 12 de agosto.

O festival aborda a terceira década cun grupo de creadores que transitaron polas primeiras edicións de Viñetas como autores noveis e que hoxe son creadores consagrados e de importante traxectoria. Segundo Miguelanxo Prado, director do festival dende a súa creación: “É o caso de Emma Ríos ou David Rubín, nomeados en reiteradas ocasións aos premios Eisner, e tamén de Homs ou Munuera, hoxe indiscutiblemente consagrados, a todos eles, que teñen hoxe un lugar específico no mercado internacional, vímoslles medrar desde aquelas primeiras historias ata as máis recentes, cuxos orixinais se expoñerán nesta vixésimo primeira edición do Festival”. Hai que destacar nesta edición a importante presenza de autores galegos, Emma Ríos, David Rubín, Tirso Cons, Bea Lema e Xosé Tomás.

O autor do cartaz  é un dos creadores presentes nesta vixésimo primeira edición do festival, José Luis Munuera. Seguir lendo

Metrópoles Delirantes 86 – David Rubín

cuadernodetormentas-metropoles delirantes

Abrimos programa coas da BD a todo filispí­m. Nesta emisión facemos un monográfico cun autor dos máis importantes do noso país, embarcamos a David Rubín que ven de publicar con Astiberri a nova versión de Cuaderno de Tormentas. Falamos de bd, da vida, da morriña e como non, do que está a pasar no mundo.

 

 

As músicas desta emisión son:

  • Los Suaves – Cou chou llega el tren.
  • Sadao Watanabe – 3:10 Blues.
  • Curtis Harding – Drive My Car
  • Pearl Jam – Alive.
  • Les Rita Mitsouko – Marcia.

36 Salón Internacional del Cómic de Barcelona

O 36 Salón Internacional do Cómic de Barcelona, comenzará esta quinta feira día 12 e decorrerá até o domingo 15 de abril. Nesta edición ocupa un espazo duns 50.000 metros cadrados e conta con 180 expositores.

Este anos introdúcense novidades para ampliar o seu público, unha destas novidades é o espazo Comic Kids, unha gran área que da prioridade á divulgación da banda deseñada entre os máis cativos, e as familias; un espazo lúdico onde se aprender técnicas de debuxo, guión, leer cómics e xogar.

O programa de exposicións inclúe unha mostra dedicada aos 45 años de Superlópez, o popular superheroe creado por Jan, autor do cartel de esta edición e que, según Antoni Guiral, comisario xeral das exposicións, “ao longo de 60 anos de profesión demostrou ser un historietista excepcional”. O Salón do Cómic tamén lembrará as revistas españolas de cómics para adultos aparecidas entre 1978 e 1992 na mostra antolóxica Las revistas del boom del cómic (para adultos), que presentará o traballo tanto dos autores españois coma daqueles que se estableceron no estado e que protagonizaron “un fenómeno que cambiou a industria da historieta española”. Seguir lendo

Metrópoles Delirantes 73 – Abel Alves

Aram-o-armenio-metropoles-delirantes.jpgAbrimos programa coas novas da BD, a todo filispím. O Sr B fai imprescindíbel unha obra pola que ten especial agarimo,  “La tetería del Oso Malayo” de David Rubín. Para o tempo da entrevista achegouse ata as metrópoles Abel Alves, guionista de Aram o Armenio, unha fermosa obra que nos lembra un deses episodios escuros da humanidade que non debemos esquecer para non repetir, o xenocidio do pobo armenio. Rematamos coas novidades que trae Javi, dende a libraría A Gata Tola de Compostela.

As músicas desta emisión son:

  • Cursi – Corazón de Hotel.
  • Madredeus Electronico – O sonho (R. Myerz & The Jack Herren Band).
  • Creedence Clearwater Revival – I Put A Spell On You.
  • Lori Meyers – Evolución.
  • Los Suaves – Siempre Con Miedo.

Metrópoles Delirantes 65 – David Rubín

Gran-hotel-abismo-metropoles-delirantesComezamos co Sr B que volve do seu pequeno exilio interior para as novas da BD a todo filispím. Nos imprescindíbeis, Dúas viaxes, unha obra fundacional na BD galega moderna de Xaquín Marín e Reimundo Patiño, de seguro que si Hai un home en españa que o fai todo é este, compartimos unha peculiar entrevista con David Rubín que ía sobre o seu Gran Hotel Abismo, pero que derivou en moitos outros temas. No tempo das novidades Javi dende a libreria A Gata Tola de Compostela ven para falármonos das novidades máis importantes.

As músicas desta emisión son:

  • Raffaella Carrá – Rumore.
  • Taha, Khaled, Faudel – Ya Rayah.
  • Andrés do Barro – Fogar de Breogán.
  • Astrud – Hay un hombre en España.
  • Nada – Senza un perchè.

Ether, outra obra de David Rubín para USA

ether-metropoles delirantesDavid Rubín segue traballando a bo ritmo alén do Atlántico, despois de The Fiction, a serie que fixo con guión de Curt Pirés, xa editada en españa pola súa editorial habitual, Astiberri, xa está a traballar na nova serie que Dark Horse anunciou na pasada Comic-Con de San Diego.

A serie titulada Ether é unha historia fantástica sobre o que pasa cando a ciencia e a maxia se atopan. Para esta nova aventura américana, Rubín  forma equipo creativo con Matt Kindt aos guións.

Ether conta as aventuras de Boone Dias, un científico e explorador da Terra que intenta entender como encaixa a maxia no seu propio mundo científico. Boone é un asiduo visitante do Ether, unha realidade alternativa máxica. Os habitantes do Ether confian en Boone para resolver algúns crimes a través da combinación do seu coñecemento científico coa maxia.

ether-metropoles delirantes 2O primeiro número de Ether estará a venda o 16 de novembro deste ano en formato físico e dixital.

Aquí unha entrevista ao guionista Matt Kindt (en inglés) na que fala así de David:

Vin o que fixo no seu incríbel libro “O heroe” e tamén nos spin off de Battling Boy (Aurora West) e simplemente namorei do seu estilo, andaba a buscar por todas partes artistas, estaba sendo super esixente, porque hai moito material divertido para debuxar nesta serie, e quería debuxalo eu, pero a miña axenda faino imposíbel polo menos para dous anos e non quería agardar tanto. Entón vin cousas de David e que estaba dispoñible, e eu sabía que podería facelo mellor do que eu xamais podería. Ese foi o punto de inflexión. David é unha estrela e teño moita sorte de traballar con el.