Nestes últimos meses apareceron ata tres obras de banda deseñada que teñen como leit motiv o espazo que habitamos, “Aquí” de Richard McGuire, “La Casa” de Paco Roca e “La casa, crónica de una conquista” de Daniel Torres. Calquera das tres son obras superlativas, cada unha no seu espazo, no seu estilo e ao xeito do seu autor, todas acadaron moi boas críticas e aceptación do público.
Máis eu penso que a máis superlativa das tres é a de Daniel Torres, un tomo de case que 600 páxinas divididas en 26 capítulos nos que o autor fai un exhaustivo percorrido pola historia da casa; na realidade é máis, porque non se pode disociar a casa, o concepto de lugar de protección e acubillo, dos seus habitantes, claro, a transformación do espazo está necesariamente xunguida a evolución dos seus habitantes e viceversa.
Parece absurdo, pero penso que aínda hoxe os teóricos non se poñen de acordo en quen cambia a quen nesa ecuación sempre complexa que formamos humanos, hábitat, historia e progreso, o que está claro é que dende os tempos das cavernas ata estes tempos modernos de urbanizacións, bloques e arquitectura de “deseño”, os humanos pasamos por moitos momentos, necesidades e solucións para un mesmo problema, a vivenda. Seguir lendo