Arquivo por etiquetas: Dani Xove

Publicados Altar Mutante 7 e Amair

Altar mutante 7-metropoles-delirantesO fanzine de “horror putrefacto e ciencia ficción grasenta” publica o sétimo número e lanza a serie Amair.

Altar Mutante Comix é unha publicación que desde 2014 reúne historietas de fantasía e terror realizadas por un amplo elenco de creadores e creadoras internacionais. Esta publicación promovida desde A Coruña polo historietistas, ilustradores e deseñadores gráficos Álvaro López e Luis Sendón xa está asentada como unha das cabeceiras de referencia do xénero, optando o ano pasado ao premio ao mellor fanzine no Salón do Cómic de Barcelona.

Para este sétimo número Jagoba Lekuona deseñou  unha impactante portada que é o pano que abre unha serie de historias a cargo do plantel autoral estable de Altar Mutante, Kike Benlloch, Diego Blanco, Manel Cráneo, Debelius, Roberto Díez, Super C, Don Rogelio J., Álvaro López e Luis Sendón. A esta excelente nómina de autores súmanse nesta entrega novos valores de enorme proxección: Gaudino, Kike J. Diaz, Gairah Love, Dani Xove e o propio Jagoba.

A outra novidade do selo é Amair, unha colección de catro números na que Kike Benlloch como guionista e Luis Sendón no debuxo. En Amair, presentan un universo orixinal de fantasía, encadrado nunha vertente escura do xénero de espada e bruxería (Sword & Sorcery). Esta é a primeira banda deseñada en galego desta editorial coruñesa e acompañando este lanzamento podemos desfrutar dunha exposición de debuxos e deseños de producción que se poderá ver do 8 ao 31 de agosto no Bar 13 (rúa Orzán 13, A Coruña).

Advertisements

Metrópoles Delirantes 80 – Licor Café – Manel Cráneo, Xulia Pisón e Dani Xove

LK-metropoles-delirantesAbrimos programa coas novas da BD a todo filispím. Nos imprescidíbeis o Sr B anota a triloxía galáctica de Leo. Embarcan nesta emisión Manel Craneo, Xulia Pisón e Dani Xove, cos que falaremos do Licor café, a antoloxía da nova BD galega que ven de editar Demo Editorial. E tamén dos proxectos desta heroica editora coruñesa comandada por Cráneo.

 

As músicas desta emisión son:

  • Novedades Carminha – El Vivo al Baile.
  • Afterlife – Ten Thousand Things.
  • The Ladybug Transistor – These Days in Flames.
  • Stefan Obermaier – This Vive.
  • Miguel Rios – Ahora que he vuelto.
  • Jens Lekman – To Known Your Mission

Metrópoles Delirantes 61 – Miguel Robledo, Urbanoscar e Dani Xove

libros-sindicato-mComezamos coma sempre co Sr B e as novas da BD. Nos imprescindíbeis, unha das obras máis nomeadas de Van Hamme, o multimillonario e canalla Largo Winch. Embarcamos desta volta a Robledo, Oscar e Dani Xove que veñen a falarnos das súas últimas obras, editadas polo Sindicato del Cómic, e rematamos con Simón o libreiro que é tamén  editor destas obras que nos falará das novidades máis interesantes do principio deste mes de santos.

http://www.ivoox.com/player_ej_13637978_2_1.html?data=kpijlZyde5mhhpywj5WVaZS1kZWSlaaUdY6ZmKiak5KJe6ShkpKSmaiRdI6ZmKiar6madYyhjLLWydrJsIzG0MfZx8nTaZO3jLrfxMbSs9TXwteYx5Copc_djL3c2MqRaZi3jrLS1teJh5SZo5jd0dHJt4y4xtHW1MbSuMbnjoqkpZKU&

As músicas desta emisión son:oscar-robledo-xove

  • The Homens – Dance the troita.
  • Dônica – Inverno.
  • David Bowie – I Took A Trip On A Gemini Space.
  • The Allah-las – Recurring.
  • Novedades Carminha – Veneno.

Metrópoles Delirantes 34 – Enrique Fernández

Enrique FernándezComezamos coas novas da bd e parolando da lea xudicial de Moulinsart nos Países Baixos, o Sr B fai imprescindible o efectiviwonder cómics de Dani Xove, un dos tebeos que máis lle aquelou o ano pasado, entrevistamos a Enrique Fernández, autor de Brigada, unha bd xeitosa da que xa editou dous libros e que ten o record de recadación nun crowdfunding de cómic. No final as novidades que desta volta chegan dende a nova librería Banda deseñada de Vigo onde nos recibiu Melo que vai ser o encargado de facernos as recomendacións. Coma sempre todo cunha boa dose de música deliciosa.

http://www.ivoox.com/player_ej_4673703_2_1.html?data=lZuklZyUd46ZmKiakpaJd6Kkkoqgo5accYarpJKfj4qbh46kjoqkpZKUcYarpJK6x9nWaaSnhqeg0tTQqdSfpcrZy9fFstXZ1JCglpKJe6Shrsrh1Iqnd4a2lNXczsrXb6XZzc7fw9PYqdShhpywj5U%3D&

  • Quim Barreiros – A cabritinha.efectiviwonder-Metrópoles Delirantes
  • Emanuel – Pimba, pimba.
  • Ian Pooley – Coração tambor.
  • Franco Battiato – Voglio vederti danzare.
  • Rastreros – O sacristán de Basán.
  • Terbutalina – Canto moderno.
  • The Kinks – All day and all of the night.
  • The Homens – Alba nuclear.

Ligazóns:

Metrópoles Delirantes 23 – Dani Xove

MD23-Metrópoles DelirantesComezamos coas novas da bd e logo falamos con Dani Xove autor de Efectiviwonder
cómics, unha das propostas que máis nos sorprendeu do pasado ano. O Sr B achégase ata Marcinelle e recomenda na súa sección de imprescindibles os albumes de Spirou. Tamén se achegou ata as Metrópoles, Marcus Fernández co que falamos do cómic dixital e das diferentes plataformas que temos para mercalos. No final, Javi da Libraría a Gata Tola cóntanos cales son as novidades máis interesantes.

http://www.ivoox.com/player_ej_3943496_2_1.html?data=lJ6hlZmdeo6ZmKiakpaJd6Kll4qgo5WUcYarpJKfj4qbh46kjoqkpZKUcYarpJK6x9nWaaSnhqeg0tTQqdSfpcrZy9fFstXZ1JCflZKJe6Shrsrh1Iqnd4a2lNXczsrXb6XZzc7fw9PYqdShhpywj5U%3D&

Ideas para agasallar Bd galega

A terra quere pobo. Esta frase que ademais é o titulo dun libro, serve para ilustrar o que necesita a bd do país para se converter nun sector forte e capaz; público.

Serva esta pequena listaxe coma suxestión de agasallos para estas datas, é evidente que non están todas as obras pero pensamos que si está unha boa escolma ben representativa da variedade da bd galega (ou feita por galegos).

Toreromaus-Metrópoles DelirantesToreromaus – Los Bravú.

Unha edición preciosa de Fulgencio Pimentel limitada a 250 exemplares e ben coidada para unha obra que sorprendeu pola frescura e audacia coa que Dea e Diego contan esta pequena aventura etílica.

 

 

 

 

Catalogo_oneroso-Metrópoles DelirantesCatalogo Oneroso de beleza gratuíta – Fran Bueno.

Fran Bueno acadou con esta obra o  VIII Premio Castelao de bd, convocado pola Deputación da Coruña. Unha obra que é unha auténtica marabilla que merece a pena descubrir, sensibilidade e delicadeza, unha obra, no noso parecer,  moi poética.

Seguir lendo