Arquivo por etiquetas: Cyril Pedrosa

Recomendacións de bd para o Apalpador (II)

CAU-metropoles-delirantesEl azote del terror C.A.U. – Benjamin Marra.

El Azote del terror é o nome que recibiron os comandos que creou o infame George W. Bush para loitar contra o terrorismo despois do 11-S. Marra crea unha novela gráfica que parodia despiadadamente a política exterior dos norteamericanos, a súa peculiar cruzada antiterrorista e o heroe “machodecuero” utilizando a exaxeración e a sátira e sobre todo o humor máis extremo e absurdo, aderezado con violencia e todo tipo de clichés típicos de espias, todo mesturado para dar nunha sorte de  psicodelia de aventuras que ben poderian ser a pura verdade da esquizofrenia na que viven os ianquis. Non é un libro apto para menores. Seguir lendo

Advertisements

Metrópoles Delirantes 8 – José Domingo

novedades8

Novidades das que falamos

Entrevistamos a Manuel Bragado, Director da editorial Xerais e tamén a José Domingo flamante nominado ós Eisner, o Sr B viaxa polo Portugal de Cyril Pedrosa e coas novidades poñemos fin a este programa musical e sentimentalmente adicado a Portugal.