Arquivo por etiquetas: Curiosity Shop

Bella muerte, premio “Expocómic 2014 Mejor Obra Internacional”

bella muerte-Metrópoles DelirantesEstes son os ganadores dos premios Expocómic 2014. O Bella Muerte/Pretty Deadly de Emma Ríos, Kelly Sue DeConnick e Jordi Bellaire leva o premio á mellor obra estranxeira, esta obra foi publicada por Astiberri en España no pasado mes de Santos.

Mellor Fanzine: ¿Quién es el Gilipollas?

Mellor Autor/a Revelación: Enrique Lopez Lorenzana (Nancy in Hell: Doble Sesión ; Aleta Ediciones)

Mellor WebComic ou Cómic Online: Eh Tío http://www.ehtio.es/

Mellor Debuxante Español: Montse Martín (Curiosity Shop 3; Dibbuks)

Mellor Guionista Español: Juan Díaz Canales (Blacksad: Amarillo; Norma Editorial)

Mellor Obra Española: Blacksad: Amarillo (Juan Díaz Canales / Juanjo Guarnido; Norma Editorial)

Mellor Obra Internacional: Bella Muerte (Kelly Sue DeConnick / Emma Rios; Astiberri)

Advertisements

Adiantamos ós convidados ó Viñetas desde o Atlántico 2014

23_logo_vinetas_basico-Metrópoles Delirantes

Miguelanxo Prado, director de Viñetas desde o Atlántico, confirmounos que nesta edición estarán no salón Coruñes, entre outros,  Charlie Adlard, debuxante da coñecida “The Walking Dead”, Sento LLobell autor de “Un médico novato” obra gañadora do premio Fnac-Sins entido de 2013 , Montse Martín autora da triloxía “Curiosity Shop”, Zidrou  autor dos guións de “El cliente” ou “Folies Bergère” entre outras, e que adoita traballar con autores españois e Oriol Hernández debuxante de “La piel del oso” con guión de Zidrou. E representando á banda deseñada galega, Jano autor de “Operario”.

Actualización 30/6/2014: Hoxe fixeron públicos na web do salón os convidados que completan a lista, Marcos Martín (private eye)  e Javier Rodríguez (Wake Up) ademais dos que xa adiantamos nós hai uns días.